Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ma Rainey - Wikipedia

Ma Rainey

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Gertrude «Ma» Rainey foi o nome artístico de Gertrude Malissa Nix Pridgett, de casada Rainey, unha cantante de blues estadounidense do primeiro terzo do século XX. Naceu en Colombus no estado de Georgia o 26 de abril de 1886 e morreu en Memphis, Tennessee o 22 de decembro de 1939.

Índice

[editar] Biografía

Gertrude «Ma» Rainey foi cualificada como a verdadeira nai do blues estadounidense e a primeira estrela do xénero. De feito, foi unha das primeiras artistas profesionais que se dedicou a este estilo.

Era unha muller de grande tamaño, forte, coa boca inzada de dentes de ouro e amante das xoias. Champion Jack Dupree, que foi espectador das súas actuacións definiuna dicindo dela que "era unha muller moi fea, abofé, pero cando abría a boca cativaba e facía esquecelo todo".

Rainey morreu dun infarto en 1939.

[editar] Carreira musical

Xa aos catorce anos esta rapaciña de raza negra comezou a subir aos escenarios como actriz de comedias nun espectáculo ambulante de vodevil titulado A Bunch of Blackberries (Un acio de amoras). Despois deu o salto aos mellores espectáculos de vodevil daquel tempo, coma o circo Tolliver ou no conxunto dos Rabbit Foot Minstrels. Logo de escoitar en 1902 un blues nun teatro de San Luís interpretado por unha mociña do lugar botouse ela ao estilo. As interpretacións facíaas precisamente ao remate dos vodevís, dentro dos números finais, e con eles colleitou un rápido e abraiante éxito.

Moi nova, en 1904, casou co bailarín e tamén cómico William «Pa» Rainey co que formou o dúo Pa & Ma Rainey. A parella fixo turnés cos Rabbit Foot Minstrels como Rainey & Rainey, os Asasinos do Blues, cantando unha mestura de temas deste estilo con cántigas populares. En 1912, xuntóuselles unha mociña chamada Bessie Smith: a que chegaría a ser raíña do blues estivo canda eles ata 1915.

Durante moitos anos estivo cantando blues por todo o sur dos Estados Unidos en espectáculos afroamericanos, pero non fixo a súa primeira gravación ata [[1920**, n Mamie Smith became the first woman of color to make an audio recording; the first vocal blues record was her "Crazy Blues.

1923. Rainey asinou coa Paramount e entre ese ano e 1928 gravou un cento de temas, acompañada por xente de primeira fila do jazz, como Louis Armstrong, Kid Ory, Fletcher Henderson, Tommy Ladnier, Papa Charlie Jackson, Jimmy O'Bryant, Georgia Tom Dorsey ou Tampa Red.

En 1930 e malia que gozaba dunha gran popularidade, abandonou os escenarios e dedicouse a administrar as salas de concertos que adquirira na súa vila natal.

[editar] O seu estilo

Durante a súa breve carreira discográfica (1923 - 1928), Ma Rainey gravou un cento de títulos, sobre todo de blues. A súa sinceridade, a súa voz fonda, e o seu ton grave caracterizan a súa produción discográfica, malia uns acompañamentos non totalmente axeitados.

[editar] Lesbianismo e feminismo

Ma Rainey foi ademais unha das primeiras mulleres en cantar temas explícitamente homosexuais na época moderna, o que resultaba especialmente provocador tendo en conta que ademais era unha muller negra dos estados do Sur. A súa letra Prove It on Me marcou un fito dentro da historia da música LGBT por frases como Went out last night with a crowd of my friends / They must have been women, 'cause I don't like no men (Saín de noite co meu grupo de amigas, son todas mulleres que os homes non che me gustan).

Rainey falou tamén en público e nos seus temas dunha mellora de oportunidades para as mulleres e serviu de modelo para outras mulleres na toma de decisións con respecto á súa propia carreira.

En 1925 a policía fixo unha redada na casa de Ma Rainey xusto durante unha festa onde había diversas mulleres espidas e en situacións comprometidas. Como consecuencia a cantante foi arrestado co cargo de "festa indecente". A súa amiga e quizais amante Bessie Smith sacouna do cárcere.

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com