Luz Casal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luz Casal é unha cantante galega nada en Boimorto (A Coruña) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa desde a súa infancia.
Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versions de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.
En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comeza unha carreira chea de éxitos.
[editar] Discografía
- Luz (1982)
- Los ojos del gato (1984)
- Luz III (1985)
- Quiereme aunque te duela (1987)
- Luz V (1989)
- A contraluz (1989)
- Como la flor prometida (1995)
- Pequeños, medianos y grandes exitos (1996)
- Un mar de confianza (2000)
- Con otra mirada (2002)
- Sencilla alegría (2004)
Ten participado nas bandas sonoras de películas como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.
Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí entre outras.