Luteranismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O luteranismo é o movemento relixioso protestante defendido por Martín Lutero. A certidume bíblica que tivo de que Deus non xuzga ás persoas polas súas obras, boas ou malas, senón máis ben a causa da súa fe, proporciona a Lutero a raiz fundamental do seu pensamento.
O ataque comezado por Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana sobre os méritos da salvación e a mediación dos santos. Denunciou tamén as falsas seguridades de salvación ofrecidas por Roma a través da venta de indulxencias e a obtención dos perdones.
O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do Papado. Nega a tradición dogmática e a existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras, e a supremacía da fe en Xesucristo. Lutero desenvolve a doctrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son intelixibles para tódolos crentes e que cada un, libremente, pode examinalas. Lutero busca transformar a cada crente no seu propio sacerdote.