Lufthansa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![Logotipo de Lufthansa nun Airbus A320](../../../upload/shared/1/1a/Lufthansa.jpg)
Lufthansa (o seu nome oficial é Deutsche Lufthansa AG), con sede en Colonia, é a maior compañía aérea alemana. O seu aeroporto base é o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Múnic estase convertindo nun segundo eixo neurálxico da compañía. Os seus hangares de reparación están en Hamburgo. Lufthansa foi unha empresa pública (case ao 100%) ata o ano 1953. No ano 1966 as súas accións cotizaron por vez primeira en bolsa e en 1994 o estado alemán aínda posuía o 34% das accións. Dende 1997 todo o capital de Lufthansa está en mans privadas. Lufthansa é, xunto a Air Canada, SAS Scandinavian Airlines, Thai Airways International e United Airlines, membro fundador da alianza de aerolíñas Star Alliance, á que pertence, xunto con outros 12 membros non fundadores, a compañía española Spanair.
Os voos de Lufthansa teñen o código IATA LH e o seu código ICAO é DLH. Os voos internacionais cara Alemaña reciben un número impar e os procedentes de Alemaña un par. Lufthansa ten un dos programas de fidelización de clientes máis amplos, o seu nome é Miles and More.