Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua micénica - Wikipedia

Lingua micénica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mapa de Grecia na Idade do Bronce como se describe na Ilíada de Homero
Agrandado
Mapa de Grecia na Idade do Bronce como se describe na Ilíada de Homero

O micénico é a máis antiga forma coñecida da lingua grega, falada na Grecia continental e en Creta nos séculos XVI e XI a.C., antes da invasión doria. Consérvase en inscricións en Lineal B, unha escrita inventada en Creta polo século XIV a.C. A maior parte dos exemplos desta escrita están en taboíñas de arxila atopadas en Knossos e en Pilos. A lingua recebe o nome de Micenas, o primeiro dos palacios que se excavou.

As taboíñas permaneceron moito tempo sen descifrar, propoñéndose todoas as linguas concebibles como a que subxacía nelas, ata que Michael Ventris descifrou a escrita en 1952 e probou máis aló de toda dúbida que a lingua era unha forma antiga do grego.

A maioría dos textos das taboíñas son listas e inventarios. Non hai ningún texto narrativo e menos poético. Sen embargo estas listas botan moita luz sobre o pobo que as escribiu e sobre o período micénico, ás vésperas da denominada Idade Escura de Grecia.

Índice

[editar] Fonoloxía e ortografía

A lingua micénica consérvase no sistema de escritura Lineal B, que consiste en aproximadamente 200 signos silábicos e logogramas. Como o Lineal B deriva do Lineal A (sistema de escritura dunha lingua non descifrada da época minoica sen relación probablemente co grego) esta escrita non reflicte plenamente a fonética do micénico: os grupos consonánticos non se escriben completos, xa que os signos de consoantes teñen todos a estutura consoante-vocal, e r e l non se distinguen, nin é posíbel distinguir as categorías fonolóxicas gregas de xorda/sonora (agás nas dentais d e t) e aspirada/non aspirada; l, m, n, r, s finais de sílaba non se escriben.

A escrita distingue cinco timbres vocálicos, a, e, i, o, u, as semivogais w e j (tamén transcrita como y), tres líquidas, m, n, r e sete oclusivas, d, k, p, q, s, t, z (esta última debe representar un grupo consonántico zd correspondente á Dzeta).

Así *khrusos, "ouro" aparece escrito cos signos ku-ru-so, e *gwous, "vaca" cos signos qo-u.

A forma micénica do grego mantén un número de trazos arcaicos de herdanza indoeuropea , como as consoantes labiovelares que sufriran distintos cambios fonéticos dependendo do contexto cando o grego reapareceu escrito en forma alfabética varios séculos despois.

[editar] Corpus

O corpus micénico consiste en cerca de 6000 taboíñas, que poden verse incrementadas en futuros achados. As taboíñas clasifícanse segundo o lugar onde foron atopadas.

  • KN Knossos: ca. 4360 taboíñas
  • PY Pilos : 1087 taboíñas
  • TH Tebas (micénico /Tegway/): 99 taboíñas+ 238 publicadas en 2002.
  • MY Micenas: 73 taboíñas
  • TI Tirinto: 27 taboíñas.
  • KH Chania: 4 taboíñas
  • outras 170 inscricións en Lineal B atopáronse en xerras.


A inscrición micénica máis antiga coñecida, e polo tanto o testemuño máis antigo da lingua grega é o seixo de Kaftania descuberto en 1994, que data do século XVII a.C.. O seixo leva unha inscrición con oito signos silábicos, a-so-na / qo-ro-qa / qa-jo así como a imaxe do dobre machado.

[editar] Referencias

[editar] Vínculos externos

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com