Lingua akurio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O akurio é unha lingua caribe que se fala en Surinam.
ISO/DIS 639-3: ako
Índice |
[editar] Distribución xeográfica
Fálase na xungla do sueste de Surinam
[editar] Falantes
10 (grupo étnico de 50)(2001)
[editar] Usos sociais
Os akurios viven en aldeas trió e só os maiores falan a lingua. A maior concentración está na aldea de Tëpu, con 33 sobre unha poboación de 240.
[editar] Historia
Os akurios eran un pobo nómade ata que en 1968 misioneiros cristiáns contactaron con eles e os levaron a asentamentos habitados polo pobo trió, agás un grupo de 10 akurios que decidiron permanecer nómades. Os akurios deixaron de lle falar a lingua aos nenos no decurso dos anos 70, ao tempo que se reducía a poboación ao 25%. Actualmente non hai información sobre o grupo que se mantivo nómade.