Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Li Po - Wikipedia

Li Po

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nomes
Chinés: 李白
Pinyin: Lǐ Bó ou Lǐ Bái
Wade-Giles: Li Po ou Li Pai
Zi: Tàibái (太白)
Tamén coñecido como: Poeta Immortal
(Shīxiān, 詩仙)
Li Bai recitando un poema por Liang Kai (século XIII)
Agrandado
Li Bai recitando un poema por Liang Kai (século XIII)

Li Po ou Li Bai (chinés: 李白, pinyin: Lǐ Bái, Wade-Giles: Li Pai) (701-762) foi un poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang. O carácter 白, pronunciado bái en mandarín moderno, pronunciábase antigamente , motivo polo cal o seu nome transcribíase antigamente como Li Po, representación segundo o sistema Wade-Giles desta pronunciación obsoleta.

Renomeado como o poeta inmortal, está considerado un dos máis respectados poetas da historia da literatura chinesa. Aproximadamente mil poemas seus permanecen na actualidade. O mundo occidental introduciu os traballos de Li Bai a través de moi liberais traducións de versións en xaponés dos seus poemas, realizadas por Ezra Pound. Li Bai é máis coñecido pola súa imaxinación extravagante e imaxes taoístas vertidas na su poesía, e tamén polo seu grande amor á bebida. Igual que Du Fu, Li Bai pasou grande parte da súa vida viaxando, mais no seu caso isto foi grazas á súa riqueza. Dícese que se afogou no río Yangzi, caendo da súa lancha ao intentar abrazar a lúa estando baixo os efectos do alcol.

[editar] Biografía

Li Bai foi o fillo dun mercador rico. O seu lugar de nacemento é incerto, pero un candidato é Suiye en Asia Central (nas proximidades do actual Tokmak en Kirguizistán). Cando tiña só cinco anos de idade a súa familia mudouse a Jiangyou, cerca da moderna Chengdu na provincia de Sichuan. Foi influenciado polo pensamento confuciano e taoísta, pero finalmente a súa herdanza familiar non lle permitiu grandes oportunidades dentro da aristocrática dinastía Tang. A pesar de que desexaba converterse en oficial, non se presentou ao exame de servizo civil chinés. En cambio, á idade de 25 anos, dedicouse a viaxar pola China, desenvolvendo unha personalidade salvaxe e libre, moi diferente das ideas prevalecentes dun cabaleiro confuciano correcto. Esta imaxe fascinou tanto aos aristrócratas como á xente común e Li Bai foi finalmente presentado ao emperador Xuan Zong en 742.

Outorgóuselle un cargo na Academia Hanlin, a cal servía para prover unha fonte de experticia intelectual para o emperador. Li Bai permaneceu durante menos de dous anos como un poeta ao servizo do emperador, mais foi finalmente despedido por unha indiscreción descoñecida. Consecuentemente vagou pola China o resto da vida. Coñeceu a Du Fu no outono de 744 e volveuno a encontrar o ano seguinte. Estas foron as únicas ocasións en que se encontraron, pero a súa amizade permaneceu sendo particularmente importante para Du Fu (unha ducia dos poemas de Du Fu tratan de Li Bai, comparados con só un de Li Bai a Du Fu). No momento da rebelión de An Lushan involucrouse nunha revolta subsidiaria en contra do emperador, mais aínda nons se sabe o grao no cal foi unha acción voluntaria. O fracaso da rebelión resultou no seu segundo exilio a Yelang. Foi absolto antes de que a súa viaxe de exilio terminara.

Li Bai morreu en Dangtu, actual Anhui. Algúns eruditos cren que a súa morte foi o resultado de envenenamento por mercurio tras un longo historial de consumo de elixires taoístas para a lonxevidade, en cambio outros cren que morreu por envenenamento con alcol.


Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com