Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kortatu - Wikipedia

Kortatu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Verán de 1984: formase Kortatu en Irún: Fermín (guitarra, voz), Iñigo (baixo, voz) e Treku (batería). Gravan unha maqueta con catro cancións sospeitosas: “Mierda de Ciudad”, “Hay algo aquí que va mal”, e “Manolo Rastamán”. Inverno de 1984-85: entran a gravar en Tsunami tres cancións para o Lp colectivo que editará Soñua xunto a Jo ta ke, Cicatriz e Kontuz Hi!. As cancións son: “Nicaragua Sandinista”, “Manolo Rastamán” e “Mierda de Ciudad”. Tocan en Bilbo no Entroido . Comeza a súa popularidade. Tocan en Anoeta xunto a dous grupos de recoñecido nome, La Polla Records e Barricada.

Marzo de 1985: actúan en diversas poblacións pequenas de Euskal Herria entre elas Iruña, xunto a Hertzainak e Cicatriz, 4.000 persoas. Festival multitudinario na Feira de Mostras de Bilbo con La Polla Records, Barricada e outros grupos, 15.000 persoas. Antes do final do mes tamén actuán en Gasteiz nun bar e en Biarritz xunto a Barricada. En menos de catro meses actuaron nas catro capitais e nos festivais máis populares deses días. Abril de 1985: viaxan á Zeleste de Barcelona. Seguen tocando en Euskal Herria e a finais dese mes viaxan con Barricada á sala “En Vivo” de Madrid.

Maio de 1985: tocan na campaña pro euskera “Korrika 85” en Donostia. Sae un especial na ETB, dedicado a eles, dentro do programa “Popazoro”. Tocan en Madrid nun festival organizado pola radio libre Onda Verde.

Xullo de 1985: tocan nas principais cidades de Euskal Herria: Tolosa, Barakaldo, Ermua, Llodio, Portugalete, etc...

Agosto de 1985: tocan nas Festas paralelas de Vitoria con grande éxito. Aparece un póster central seu na revista Sintonía. Entran a gravar o seu primeiro Lp nos Estudios Tsunami de Donosti. Tocan en “El Garaje” (Bilbo) na volta de Las Vulpes.

Setembro de 1985: rodan o seu primeiro video “Sarri-sarri” coa productora Tipula Beltza para presentalo no Primeiro Festival de Video Musical de Gasteiz. Mentras seguen tocando tódoslos fins de semana por Euskal Herria.

Outubro de 1985: comparten distintos concertos con outros grupos coma La Polla Records, Hertzainak, Barricada, Siniestro Total, Decibelios,... Sae á venda o Lp "Kortatu", presentándose en Iparralde e Agurain, xunto a La Polla Records.

Novembro de 1985: os seus concertos continúan. Son portada da revista especializada Musikaria. O día 10 presentan o disco no Polideportivo de Anoeta (Donosti), xunto a La Polla Records, 5.000 persoas. Comezan a sair forá de Euskal Herria, Torrelavega (Santander), Barcelona (Palau D’Esports) xunto a La Polla Records, Cicatriz, etc., 10.000 persoas.

Decembro de 1985: As actuacións deste mes vense truncadas á mitade do mesmo pola enfermidade de Fermín que lle ten na cama durante 15 días.

Xaneiro de 1986: saen votacións de diversos medios de comunicación sobre os grupos e discos máis destacados de 1985. Os lectores de “El Diario Vasco” dan coma mellor grupo solista vasco de 1985 e o seu primeiro Lp coma mellor Disco Vasco 85. Os lectores de “Egin” elixen o Lp de Kortatu coma o mellor de 1985. Tamén son elexidos coma mellor grupo, na primeira posición. Iñigo é elexido mellor baixista do ano e Fermín elexido coma personaxe do ano. Os lectores de “Musikaria”, revista musical vasca, elixen o Lp de Kortatu, mellor Lp vasco do ano. Comezan a sair de Euskal Herria: Miranda de Ebro, Logroño, Valladolid, etc...

Febreiro de 1986: viaxan a Madrid e chean a Escola de Camiños xunto a Cicatriz.

Marzo de 1986: chean a Fiera de Mostras de Bilbo na final da campaña Anti-Otan, 10.000 espectadores. Viaxan a Zaragoza.

Abril de 1986: viaxan por primeira vez a Suiza. Tocan o 10 en Basilea e o 12 en Zurich. Comeza a vender os seus discos nese país. Entran ó estudio para gravar “A la calle”. Maxi Single de tres temas.

Maio de 1986: saen de Euskal Herria con bastante normalidade, Puertollano, Amposta, Badalona, Getafe, Casetas (Zaragoza), Cartagena, Almansa, Orihuela.

Xuño de 1986: chean o Pabillón Anaitasuna de Iruña, 5.000 persoas, xunto a Belladona. Suspendese dous veces o concerto de Madrid, prohibidos pola autoridade.

Xullo de 1986: seguen saindo forá; Tarrasa, Fraga, Arcanpel, Huesca... Sae á venda o Maxi single.


Kortatu.-Maxi Single- “A la calle”

Dun tempo a esta parte escribir e incluso falar acerca de Kortatu converteuse en algo moi dífícil. Dende a aparición do seu primeiro Lp en outubro, o seu ascenso foi meteórico no estado e o seu éxito en Euskal Herria asentouse. Coma ponte entre este Lp e o segundo que se comenzará a gravar en setembro, quixerón facer un maxi con tres temas; o primeiro é “Hay algo aquí que va mal”, unha adaptación dun tema de Specials reforzado por Stiff Little Fingers e cantado por Kortatu dende a súa primeira maqueta. Un tema clásico xa dentro do Rock & Roll e imprescindible no Rock de combate. A Cara A completase counha canción inédita e que dá título ó maxi “A la Calle”, un inequívoco corte de Kortatu. Na Cara B, un dos rarísimos “dubs” que se realizaron por aquí, aproveitando as bases do orixinal “Desmond Tutu”. Un excepcional “recitador” improvisa sobre o tema xa coñecido entre delays e percusións. O experimento de “Desmond Dub” é unha desas cousas irrepetibles. Esperan que estes tres temas calmen as ansias dos seus seguidores ata a seguinte entrega.

Agosto de 1986: tocan nas festas alternativas de Gasteiz. Volven a Madrid –Ciempozuelos- con La Polla Records. Nas Festas de Bilbo, levan a 5.000 persoas ó lugar onde realizase o festival.

Setembro de 1986: preparan e gravan o que vai a ser o seu segundo Lp, “El Estado de las Cosas”, nos estudios Elkar de Lasarte.

Outubro de 1986: comeza a súa xira por Suiza, Alemania e Holanda de mes e medio de duración.

"El estado de las cosas (1986)"

O aficionado, o crítico, o público preguntase sempre despois dun primeiro disco de éxito que lles van a contar e a cantar na segunda entrega. Pois resolveronse as dúbidas, non fai falla esperar máis. Aquilo que chamou tanto a atención ou volveu louco a máis dun no disco do “aizkolari” volve a aparecer no novo con distintas melodías e letras, as súas tendencias rastafaris, as melodías potentes, sen resquicio para respirar, o seu toque amargo e o optimista, o triste e a carallada; continua a súa desmedida afición polos comics, a súa ironía social e política, as súas influencias da música tradicional dándolle novos aires, a súa simboloxía agria e desgarrada e unha rebeldía vitalista que te encolle dende os surcos do disco. Este disco é de Fermín, Iñigo e Treku, pero tamén deixarón un pouco deles outro Muguruza, Javier, acordeón en “Jaingoikoa eta Lege Zaharra”, Xabier Montoia, cantante de “M-ak” en “9 Zulo”, de Josetxo Silguero, saxo en “Equilibrio”, Manolo Gil, diseñador de luxo para este disco, e uns cantos máis que fan o que poden.

En 1987 publican Kolpez Kolpe (Golpe a golpe), disco integramente en euskera que volve ter éxito coma os anteriores aínda que de maneira máis limitada polo idioma.

Finalmente o grupo anuncia a súa disolución en 1988 pero non sen antes facer un macroconcerto en Iruña, no que non reparan en gastos xa que levan trompetistas e algún disfraz parodiando á garda civil. Deste derradeiro concerto saira un disco en directo (Azken guda dantza= Derradeiro baile de guerra) que contén case tódolos mellores temas do grupo, e un video documental que inclue non só o concerto en si, senón tamén entrevistas, video-clips, videos de viaxes por Europa...

E aquí estamos dandolle voltas ó tema. ¿Que podese escribir de Kortatu a estas alturas? Porque creo que xa sabedes que Kortatu é o conxunto de Rock do estado que máis actuacións realizou en Europa nos anos 80. Mentras outros miran a terras sudamericanas Kortatu conquistou Europa. A súa discografía editada en Francia. Un recopilatorio editado en Inglaterra e que se vende por todo centro-Europa. Xiras, catro ou cinco xa non sei, por capitais europeas, París, Berlín, Varsovia, Berna, Zurich, Amsterdam, Roma, Milán, Venecia, Basilea. Cidades todas elas que virón o bo facer do trío de Irún. A faceta europea de Kortatu combinase coas súas apreciadas actuacións en sitios pequenos, sen anunciar, en gaztetxes ou locais ocupados. Son un conxunto que sen despreciar ós multitudinarios concertos, saben combinar e volver en calquer momento ás súas oríxes. Cousa pouco habitual.

"A frontline compilation" Este Lp retrospectivo os presentaron é unha recopilación dos grandes éxitos do grupo e que foi editado en Inglaterra por Red Rhino e no resto de Europa polo selo suizo Organik. O Lp foi editado a principios de 88 e non viu a luz no estado ata o momento no que se cumple o primeiro aniversario da disolución do grupo de Irún. Sobre Kortatu non creo que haxa nada máis que añadir, só recordar que foi un dos grupos do estado máis europeos. “Rock in the Basque Country” reúne temas dos dous primeiros Lp’s de Kortatu e na actual edición acompañase se toda a información aparecida no seu orixinal inglés, ademáis dun póster anunciador da aparición do disco.

Discos do grupo


  • Kortatu + 3 BONUS TRACK
  • El estado de las cosas
  • Kolpez Kolpe
  • A Frontline Compilation
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com