Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Katanga - Wikipedia

Katanga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estado de Katanga
Flag of the Federation
A bandeira de Katanga durante o período da súa independencia
Situación do Katanga no Congo
Capital Lubumbashi
Creación Xuño de 1960
Disolución Xaneiro de 1963
Xentilicio Katangueño


Katanga é a provincia máis sureña da República Democrática do Congo. A súa capital rexional é Lubumbashi (anteriormente, Elizabethville). Ocupa unha superficie de 518.000 km² e conta cunha poboación aproximada de 4'1 millóns de habitantes. As actividades gandeiras concéntranse na Meseta de Katanga, en tanto que a parte máis oriental da provincia é unha importante zona mineira provedora de cobalto, cobre, estaño, radio, uranio e diamantes.

A comezos do século XVII, a provincia encontrábase controlada polas tribos luba e lunda. Nas postrimerías do século XIX, un comerciante de Tanzania chamado M'Siri fundou un efímero reino que perdurou até a súa morte a mans dos belgas en 1891. Baixo o control de Bélxica desde aproximadamente 1884, os recursos minerais foron explotados por empresas desta nacionalidade (particularmente a Unión Mineira do Alto Katanga) e a provincia desenvolveuse moito máis que o resto do país. O cartel mineiro belga empregou tanto mercenarios contratados como gardas de aluguer a fin de someter a poboación local e asegurar o transporte sen contratempos dos minerais e outras materias primas fóra do país. A tribo baluba opúxose a miúdo ás operacións mineiras na provincia, resultando moitos dos seus membros asasinados.

Selo postal de Katanga emitido en  1961; a pesar de que Katanga non foi membro da UPU, os seus selos foron admitidos no correo internacional.
Agrandado
Selo postal de Katanga emitido en 1961; a pesar de que Katanga non foi membro da UPU, os seus selos foron admitidos no correo internacional.

Inmediatamente despois de producirse a independencia do Congo en xuño de 1960, Katanga rompeu as súas relacións co novo goberno de Patrice Lumumba e declarou a súa independencia baixo o liderato de Moise Tshombe. Lumumba foi reemprazado na xefatura do estado congoleño en setembro de 1960 tras un golpe de estado levado a cabo por Joseph Mobutu. En xaneiro de 1962, Katanga creou a súa propia forza aérea, dirixida por Jan Zumbach. Contaba con dez bombardeiros Harvard T-6 e dous reactores Vampire, case todos os cales foron destruídos por soldados suecos en decembro de 1962. Unidades armadas baixo a supervisión das Nacións Unidas levaron a cabo durante dous anos unha campaña militar co obxectivo de reintegrar Katanga ao Congo, operacións que culminaron cun Plan de Reconciliación Nacional en xaneiro de 1963.

En 1966 o goberno central congoleño nacionalizou a Unión Mineira do Alto Katanga, baixo o nome de Gécamines. En 1971 Katanga mudou o seu nome polo de Shaba. Durante a década dos anos 70 as frecuentes insurreccións que tiveron lugar na provincia de Shaba esmagounas o o goberno congoleño con axuda de potencias estranxeiras. O 12 de maio de 1978, por exemplo, os rebeldes ocuparon a cidade de Kolwezi, centro mineiro da provincia. Zaire pediu entón axuda aos Estados Unidos, Francia e Bélxica para restaurar a orde. A operación saldouse con 700 vítimas mortais africanas e 170 europeas.

A provincia mudou de novo o seu nome polo de Katanga en 1997, despois de que Mobutu Sese Seko partira para o exilio.

[editar] Enlace externo

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com