Jackie Wilson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jack Leroy "Jackie" Wilson (9 de xuño, 1934–21 de xaneiro, 1984) foi un cantante americano de soul e Rhythm and blues nacido en Detroit, Michigan.
En 1953 entrou no grupo Billy Ward & the Dominoes en sustitución de Clyde McPhatter, grupo co que tiño o seu maior éxito en 1956 con St. Therese of The Roses número 13 das listas de pop. En 1957 comezou a súa carreira en solitario, ó ano seguinte tivo o seu primeiro grande éxito con Lonely Teardrops que chegou ó número 7 e continuaron os éxitos ata mediados dos anos 60. En 1975 mentres actuaba sofreu un ataque ao corazón e permaneceu en estado de coma ata a súa morte.