Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ith - Wikipedia

Ith

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

No Libro das conquistas de Irlanda, Ith é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que cree que hai unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valeroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

Ith zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que veu, co consello de Breogán de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas Casitérides, onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama Eirín (Irlanda), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.

A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: Mac Cuill, Mac Grené e Mac Crech pola sucesión do trono do seu pai, Neith. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.

Ith decide axudar a Mac Cuill, e vai con el ata a fortaleza de Aleich. Alí son atacados e vencen. Tras esto, convocan ós outros dous irmáns, que aceptan reunirse. Mac Cuill manda falar a Ith, o cal é tomado con hostilidade polos outros irmáns. Ith, sen desmontar do cabalo, dalles ideas ós irmáns, pedíndolles que remate a guerra e que dividan o reino ou reinen xuntos. Sen embargo, mentres Ith falaba, Mac Grené tentaba poñer de acordo a Mac Crech para botar ós "brigantes", pois pensaba que os estranxeiros só querían que os irmáns depuxeran armas para quedarse fácilmente co país. Non obstante, Mac Crech' prefiría esperar a que se desenvolvesen os acontecementos.

Tras acabar a xuntanza, reuníronse os tres irmáns. Agora Mac Grené tentaba convencer tamén a Mac Cuill de botar fóra ós estranxeiros, expoñendo todo tipo de motivos. Ith, que sospeitaba que os tres irmáns estaban conspirando contra del, decidiu marchar esa mesma noite.

Pero para aquela Mac Grené lograra convencer ós seus irmáns, e os tres decidiron ir a matar a Ith. A expedición brigante foi emboscada mentres marchaba cara á costa, sendo o blanco dos irmáns o líder: Ith. Tal foi a sorpresa, que Ith foi derrubado do cabalo. O seu pai déralle o consello de non baixar do cabalo, mais aínda que non o fixera voluntariamente, agora xa non estaba montado. Fóra do cabalo, Ith foi asasinado. Ó facelo, os irmáns fóronse dalí, deixando atrás ós brigantes.

O fillo de Ith e os seus amigos decidiron vingalo, mais pensaron que era pertinente levar o seu corpo a Brigantia. Cumprindo co consello de Breogán, montárono no cabalo para levalo así toda a viaxe. Entón zarparon co corpo de Ith de volta a Brigantia.

Alí, Breogán despediu con tristeza, coma todo o seu pobo, ó seu fillo Ith, tras darlle os tradicionais ritos funerarios. Breogán prometeu vinganza, e decidiu entón invadir Eirín, esta vez levando trinta e catro barcos, un por cada xefe brigante, levando cada un soldados e mesmo mulleres e nenos, para establecerse aló.

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com