Infrasón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material cunha frecuencia inferior a 20 Hz denomínase infrasón, e se a súa frecuencia é superior a 20,000 Hz, recibe o nome de ultrasón. Ao quedaren os infrasóns e ultrasóns por baixo e por encima respectivamente da resposta en frecuencia do oído humano, fóra polo tanto do espectro audible, non somos capaces de escoitalos.