Imaginations from the Other Side
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sexto álbum oficial do grupo alemán Blind Guardian. Editado e publicado en 1995, consta de 9 temas.
O primeiro tema do álbum, e que dá nome ó álbum, Imaginations from the Other Side, é un canto á fantasía coma algo esquecido, e que debe ser procurado. Noutros temas, a dureza da realidade contrasta fortemente coa beldade e beatitude dos mundos de Fantasía: así I'm alive (Estou Vivo), The Mordrered Song ou Bright Eyes (Ollos Brilantes). O resto do disco mantense nas liñas temáticas clásicas de Blind Guardian: as cruzadas, o ciclo artúrico, etc.