Hipopotomonstrosesquipedaliofobia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A hipopotomonstrosesquidaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronunciación de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poda implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial.
Esta fobia presenta de por si certa ironía na palabra que a describe, dado que é unha palabra longa e complicada. Na actualidade, a palabra máis común para definir esta fobia é sesquipedaliofobia, coma abreviatura da orixinal.