Grupo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
grupo. m. (pl grupos)
Índice |
[editar] Acepción xenérica
Conxunto de persoas organizado e unido na defensa duns intereses comúns, na realización dunha actividade, etc. Por extensión, aplícase ó Conxunto de cousas ou persoas que posúen uns trazos comúns. "Un grupo de linguas". "Un grupo social". "Un grupo armado". SIN. banda.
[editar] Socioloxía
Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar: "Un grupo de persoas agardaba a chegada do autobús". SIN. fato. "Un grupo de casas". SIN. feixe.
[editar] Política
Grupo parlamentario é unha categoría e o conxunto de representantes políticos que acceden a esa categoría dentro dunha cámara debido a chegar a un número mínimo determinado. En España, un grupo parlamentario establécese cando ten polo menos 3 deputados.
No entanto, grupo político é unha agrupación de persoas que se unen oficialmente para presentar candidatos nunha eleccións, sen máis condición que ser cidadáns españois e cumprir os requerimentos establecidos na Lei Electoral. SIN. partido.
[editar] Música
Por extensión, conxunto de intrumentistas que tocan e actúan xuntos: "grupo musical" pode aplicarse a calquera tipo de música (clásica, jazz, moderna). CF. banda, orquestra.
[editar] Matemáticas
Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis. Propiedades do grupo. O grupo dos números enteiros.
[editar] Química
Cada unha das columnas do sistema periódico que conteñen elementos de propiedades semellantes. O grupo dos gases raros.
Ver tamén
Categorías: Socioloxía | Política | Música | Matemáticas | Química