Forma sonata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Forma musical nacida no Clasicismo que se caracteriza por ter a seguinte estrutura:
- Introdución. É facultativa.
- Exposición. Preséntanse os dous temas, A e B. O tema A indícanos a tonalidade principal, namentres que o B está na tonalidade da dominante ou no relativo maior se o tema A vén en modo menor. Entrambos os dous temas é frecuente que atopemos unha ponte modulante. A exposición repítese e pode rematar nunha coda.
- Desenvolvemento. Emprégase o material exposto anteriormente e é transformado ata crear un punto de tensión que resolverá na calma. O habitual é que se module a tonalidades veciñas.
- Reexposición. Repítense os temas A e B na tonalidade principal. Pode rematar nunha coda.
Correspóndese co primeiro movemento dunha sonata. Tamén se coñece polo nome de Allegro de sonata.