Ext3
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ext3, ou terceira versión do sistema de ficheiros extendido, é un sistema de ficheiros con journaling que está obtendo unha significativa popularidade entre os usuarios do sistema operativo GNU/Linux. A pesar de non ser tan eficiente nen escalábel coma outros sistemas semellantes como ReiserFS ou XFS, ten a vantaxe de que os usuarios poden migrar dende o popular sistema ext2 sen ter que facer backup dos seus datos para restauralos posteriormente.
O sistema de ficheiros ext3 engade un "diario" (un ficheiro chamado .journal que fica oculto na partición) sen o cal queda un sistema ext2 correcto. Un sistema ext3 pode ademáis ser montado e empregado como un ext2, e as utilidades de mantemento que valen para éste tamén valen para aquel; isto último implica que o sistema ext3 dispón dunha colección de utilidades de mantemento máis maduras e probadas que os seus rivais.
[editar] Ver tamén
- Ext2
- Jounaling