Edmond Audran
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edmond Audran ( Lyon 1842 - París 1901). Compositor francés.
Fillo do tenor Mario Audran, en 1861 acepta o posto de organista na igrexa de San Xosé de Marsella. Fixo a súa primeira apararición como compositor dramático con L'Ours et le Pacha (1862), unha versión musical dun vaudeville.
Tentou gañar fama como escritor de música sacra, escribiu unha misa e un oratorio, pero coñécese sobre todo como un compositor de óperas e operetas. O seu primeiro éxito en París foi Les Noces d'Olivette (1879). La Mascotte (1880) e Miss Helyet (1890) foron a súa obras con máis éxito.