Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Edfu - Wikipedia

Edfu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Plano e reconstrución do primeiro pilono do templo de Horus
Agrandado
Plano e reconstrución do primeiro pilono do templo de Horus

Edfu ou Idfu é unha cidade de Exipto, antiga capital dun nomo do Alto Exipto. Os gregos coñecíanna como Apollinópolis Magna e é famosa sobre todo polo templo de Horus. Era un lugar sagrado de grande importancia pois dicíase que alí o deus halcón Horus librara un feroz combate co seu tío Seth, quen tamén asasinara ao seu pai Osiris.

O templo de Horus permaneceu enterrado baixo a area durante case 2000 anos, o que permitiu que chegase até hoxe nun bon estado de conservación. Trátase do templo arquetípico exipcio, cunha asucesión de recintos cada vez máis pequenos e escuros en progresión gradual e simbólica cara a escuridade do santuario. É o templo ptolomaico máis grande e mellor conservado e unha boa réplica de templos máis antigos. En tamaño é o segundo despóis do de Karnak. A decoración é exclusivamente relixiosa e mitolóxica.

A construción comezou en 237 a.C. sobre un santuario anterior moi antigo, existente ainda en tempos de Tutmose III. O naos, parte do pronaos e toda a parte norte construíronse en tempos de Ptolomeo IV Filopátor; as obras duraron 180 anos e remataron o 5 de decembro de 57 a.C..

O templo oriéntase cara o sul e ten 137 metros de longo. O muro que o arrodea únese a el á altura da entrada, deixando un paso reducido. O primeiro pilono, de 36 metros de altura, está decorado con escenas que mostran a Ptolomeo XII Neo Dioniso derrotando aos seus inimigos en presenza de Hathor e de Horus. As dúas torres do pilón están divididas en catro andares con cámaras iluminadas por aberturas estreitas. Van precedidas de dous falcóns de granito negro.

Pilono desde o interior do patio
Agrandado
Pilono desde o interior do patio
Estatua do deus falcón Horus
Agrandado
Estatua do deus falcón Horus

O patio está rodeado por unha columnata en tres dos lados. Os capiteis son diferentes en cada columna mais correspóndense cos do lado oposto. Xusto antes da entrada ao pronaos ou primeira sala hipóstila atópase unha famosa estatua do falcón Horus, coa cabeza coberta por unha dobre coroa. As dúas pequenas cámaras laterais servían para a purificación dos sacerdotes antes dos ritos e como biblioteca, co catálogo de libros litúrxicos inscrito nas paredes.

A segunda sala hipóstila, máis pequena, ten un teito sustentado por doce columnas. Nas cámaras dos lados gardábanse as ofrendas dos deuses antes de seren levadas á sala das ofrendas; unha era para "ofrendas secas" e outra para "ofrendas líquidas"; outra cámara era un laboratorio e as fórmulas utilizadas tamén están nas paredes. Desde a sala das ofrendas, a continuación desta segunda sala hipóstila, unha escalinata leva ás terrazas. Os muros da escalinata están decorados con escenas da festa de Aninovo, cando a estátua dos deuses tutelares dos templos se sacaban para que o sol as revitalizase.

A sala central conta con dez cámaras que se abren en torno ao santuario e cada unha ten un nome grabado no exterior do templo. Tres delas constitúen o templo dedicado a Osiris, outra estaba dedicada a Osiris morto (Sokar ou [Khentamendi]]), outra a Hathor, outras dúas a Khonsu, e outra a Ra e á tríada vingadora de Menhyt, Nekhbet e Neftis. Nunha destas capelas atópase unha réplica da barca sagrada de Horus.

O santuario de Horus ten un altar de granito negro, un monolito de catro metros de altura. No muro externo aparece a lista dos nomos do Alto e Baixo Exipto.

Mammisi
Agrandado
Mammisi

Ao sul atópanse os restos da casa do nacemento de Horus ou mamisi, o lugar no que se celebraba a festa da Coroación, ritual que celebraba o nacemento de Horus e a súa encarnación como faraón reinante. A construción consta dun vestíbulo flanqueado por dous pequenos recintos e un santuario, arrodeado todo por un peristilo. Os capitais dos pilares do pórtico son todos diferentes e rematan en dados decorados con cabezas de Bes, divindade ligada ao parto. No interior as escenas mostran o nacemento de Horus, amamantado por Hathor e Dandara.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com