Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dinosaur Jr. - Wikipedia

Dinosaur Jr.

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dinosaur Jr.

{{{caption}}}
Orixe Amherst, Massachusetts
País Estados Unidos
Período 1985-1997, 2005-actualidade
Xénero(s) Rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Homestead Records, SST Records, Blanco y Negro/Sire, Merge Records, Rhino Records
Membros J Mascis
Lou Barlow
Emmet Murph
Antigos membros Mike Johnson
George Berz
Web oficial http://www.dinosaurjr.com


Dinosaur Jr. é unha banda estadounidense de rock alternativo. O seu son, tipicamente melódico, caracteríazase tamén por guitarras saturadas con ruído e distorsión, e frecuentemente salpicado polos solos do seu líder e guitarrista J Mascis.

Índice

[editar] Biografía

J Mascis formou Dinosaur Jr. (inicilamente sen o "Jr." no nome) en 1983 en Amherst, Massachusetts, xunto co seu amigo Lou Barlow. Mascis inicialmente tocaba a bateria en Dinosaur, pero fíxose cargo da guitarra cando Emmett Murph entrou no grupo. Nos seguintes dous anos, a banda conquistou un pequeno público na súa cidade e en 1985, o trio lanzou o seu primeiro álbum, Dinosaur, polo selo independente Homestead. O disco e os concertos arrasadores de Dinosaur comezaron a chamar a atención, e a banda vía como o seu público aumentaba constantemente. A finais de 1986, unha banda hippie chamada Dinosaur (que incluía membros de Jefferson Airplane) procesou á banda, que acabou mudando o nome para Dinosaur Jr.

En 1987, Dinosaur Jr. asinou un contrato coa influínte discográfica independente SST e lanzou You're Living All Over Me que foi toda unha sensación no underground. A principios de 1988, lanzaron o influinte sinxelo Freak Scene, unha canción que capturaba e reflectía o espírito do underground estadounidense post-punk da época. "Freak Scene" converteuse nun hit nas college radios, o que abríu o camiño para un novo e aclamado álbum, Bug, lanzado aínda en 1988. A pesares de que a popularidade de Dinosaur Jr. continuaba en aumento, comezaban a surxir tensións entre os seus integrantes, principalmente entre Mascis e Barlow, que apenas se falaban. En 1989, Mascis díxolle a Barlow que Dinosaur Jr. acabara; pero ao día seguinte el "re-formou" a banda, desta vez sen Barlow, que acabou formando a banda Sebadoh, e xerando unha rivalidade de anos entre os dous.

Sen Barlow, Dinosaur Jr. tivo varios baixistas temporais, inclusive Van Conner de Screaming Trees, que entrou na banda invitado por Mascis para tocar nalgúns concertos. En 1989 o grupo tivo outro hit coa versión "Just Like Heaven" de The Cure e no ano seguinte, asinaron coa Sire Records (unha subsidiaria da Warner). Despois de "Just Like Heaven", Mascis seguíu un tempo como produtor, cando traballou nun álbum de Buffalo Tom e colaborando con amigos como Don Fleming (no proxecto Velvet Monkeys) e integrantes de Sonic Youth, antes de gravar o próximo disco de Dinosaur Jr., Green Mind, o primeiro disco de Dinosaur Jr. por unha grande discográfica, que foi lanzado en 1991 e foi gravado case totalmente por Mascis que tocou todos os instrumentos (coa excepción da batería a cargo de Murph). O estilo variado e ecléctico do disco foi recibido con frialdade pola crítica e polos circuitos alternativos. Antes da xira de Green Mind, Mike Johnson converteuse no baixista da banda. Na xira, a banda teloneira era Nirvana, que co éxito de Nevermind, enseguida eclipsou a Dinosaur Jr. na xira.

Era o momento do estoupido do rock alternativo, pero en vez de aproveitarse dese feito en busca do éxito, Dinosaur Jr. lanzou un EP, Whatever's Cool With Me a principios de 1992 e desapareceu para gravar o seu seguinte álbum.

Where You Been foi lanzado en 1993, e foi beneficiado polo boom da música alternativa e acabou converténdose no primeiro disco de Dinosaur Jr. en aparecer na lista da Billboard, chegando ao número 50, con vendas un pouco inferiores a 500.000 copias. "Start Choppin'", o principal sinxelo do álbum foi un hit moderado nas listas de rock nos Estados Unidos. Na época do lanzamento de Where You Been todas as publicacións e artigos de prensa referíanse a J Mascis como un dos principais nomes do rock alternativo e foi um momento de grande prestixio na carreira de Dinosaur Jr.

Aínda en 1993, a banda participou na terceira edición do festival Lollapalooza. Durante o festival, ocorreron novos conflictos internos, desta vez envolvendo a Mascis e ao baterista Murph. Durante as gravacións do seguinte disco Without a Sound, Mascis tocou todas as partes de batería. Máis tarde, pouco antes do disco estar listo, Mascis despedíu a Murph da banda e este acabou ingresando en The Lemonheads).

Dinosaur Jr. lanzou o disco Without A Sound en 1994, que repetíu o éxito do seu predecesor gracias ao hit "Feel The Pain" (que tiña un videoclip bastante innovador, dirixido por Spike Jonze, e que amosaba a Mascis xogando ao golf polas rúas de Nova York).

Sen embargo a crítica estivo bastante dividida co álbum, con algúns críticos argumentando que Dinosaur Jr. xa non estaba en boa forma. A principios de 1995, Mascis comezou unha xira acustica só, e un deses concertos acabou sendo o seu primeiro rexistro en solitario, Martin & Me, lanzado en 1996.

Despois de contribuír con algúns temas (inspiradas no estilo de Brian Wilson dos Beach Boys) para a banda sonora da película Grace of My Heart en 1996, Mascis comezou a traballar só no seguinte álbum de Dinosaur Jr., sen a presencia do baixista Mike Johnson, que seguíu a súa carreira en solitario (aparte das súas participacións nos álbumes de Mark Lanegan). Dinosaur Jr. e o seu único integrante lanzou o disco Hand It Over en 1997, que foi considerado o mellor traballo de Mascis dos últimos anos. Sen embargo o disco non tiña ningún hit e acabou sendo ignorado polo grande público. Pouco tempo depois, Mascis anunciou o fin de Dinosaur Jr.

Mascis voltou á actividade no ano 2000 co seu segundo traballo en solitario, acompañado dunha banda bautizada como The Fogs, que consistía en Kevin Shields (My Bloody Valentine) e Bob Pollard (Guided By Voices). O disco chamouse More Light, foi lanzado polo selo independente Ultimatum, e a súa sonoridade era semellante ao do último disco de Dinosaur Jr. J Mascis e The Fog fixeron unha xira por Estados Unidos, no que estiveron acompañados polo baixista Mike Watt.

En 2004 Mascis conseguíu os dereitos dos tres primeiros álbumes de Dinosaur Jr. que tiña a discográfica SST, e acordou a súa reedición a través do selo Merge a principios do 2005. As reedicións coincidiron co anuncio de que a formación orixinal (Mascis, Barlow e Murph) reuniríase para unha xira. A banda estivo de xira ata o 2006.

Prevese que a principios de 2007 editen un novo traballo.

[editar] Discografía

[editar] Álbumes

  • Dinosaur - 1986 (Homestead)
  • You're Living All Over Me - 1987 (SST)
  • Bug - 1988 (SST)
  • Green Mind - 1991 (Sire)
  • Where You Been - 1993 (Sire)
  • Without A Sound - 1994 (Sire)
  • Hand It Over - 1997 (Sire)

[editar] Recopilatorios

  • Fossils - 1991 (SST)
  • BBC: In Session - 2000 (Fuel 2000)
  • Ear-Bleeding Country: The Best of Dinosaur Jr. - 2001 (Rhino)

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com