Dinobots
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os dinobots son un grupo dentro dos Autobots, nos cómics e nas series de televisión de Transformers.
Son o grupo máis xove e naceron na Terra, non en Cybertron.
[editar] Orixe
Logo de estrelarse a Arca na Terra e de durmir durante millóns de anos. A computadora da Arca comeza a reactiva-los autobots. Estes con pouca enerxía, necesitan máis robots para atopar o seu combustible básico: o energón. Así, co oficial médico á cabeza (Ratchet), comezan a construir robots segundo os datos que a computadora rexistrara durante eses millóns de anos. Polo que os robots terán a propiedade de transformarse en dinosaurios.
[editar] Composición
O seu líder é Grimlock, un dos transformers máis fortes de tódolos tempos. Con mala capacidade de falar, autoproclamarase Rei Autobot nos cómics, na ausencia de Optimus Prime. Equilibrará entre o ben autobot e o mal decepticon, ata que trala destrución da matriz autobot do liderato e a morte de Unicron e Optimus Prime, será formalmente o novo líder Autobot (ata a chegada do Derradeiro Autobot, que volve a unir a tódolos Transformers).