Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Digenis Akritas - Wikipedia

Digenis Akritas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Digenis Acritas (Διγενής Ακρίτας) é o poema épico máis importante da literatura bizantina. O seu argumento é a loita secular mantida ao longo do río Éufrates polos soldados de fronteira bizantinos (akrítai) contra os árabes), evocada nas lendarias xestas do protagonista Digenis.

Foi moi difundido, mesmo fora do mundo grego, como mostran as súas pegadas na épica popular eslava e na tradición de contos árabo-persa.

[editar] Manuscritos

Esta extensa narrativa é de autor anónimo e chegounos en seis versións gregas (séculos XIV a XVII) e unha rusa. Parece unha reelaboración docta realizada na primeira metade do século X a partir dun material abondoso de cantos populares transmitidos oralmente en todo o mundo bizantino, cuxa referencia histórica orixaria se remonta a case tres séculos antes.

Os manuscritos máis antigos son o do Escorial (=E, 1867 liñas) e Grottaferrata (=G, 3749 liñas), que levan os nomes das bibliotecas que os gardan. A versión G parece moito máis elaborada que a E. Esta mostran escenas de batalla máis dramáticas e ten un estilo máis austeras. As descricións épicas dos cabaleiros montados e das batallas están maracadas polo ton dramático, o ritmo veloz e o detallismo visual vivo.

Digenis Akritas fornece descricións moi vivas da vida nas sociedades marciais das rexións de fronteira. O protagonista concentra as lendas que se acumularan arredor de moitos herois locis.

[editar] Argumento

O contexto son os conflitos entre bizantinos e árabes que se extenderon desde o século VII até comezos do XI. Os acritas do Imperio Bizantino eran unha clase militar responsábel da salvagarda das rexións fronteirizas do territorio imperial dos inimigos externos e dos saqueadores que operaban nos limites do imperio. A obra consta de dúas partes. Na primeira, o "Lai do emir", que ten un carácter máis épico, un emir árabe invade a Capadocia e secuestra a filla do xeneral bizantino. O emir convírtese ao cristianismo pola filla e aséntase na Romenia, xunto coa súa xente. Da súa unión nace Digenis.

A segunda parte está dedicada ao heroi e aos seus grandes feitos de valentía e forza. Como o seu pai, secuestra a filla doutro xeneral e casa con ela, mata un dragón, vence un grupo de bandidos e despois tamén vence os seus tres xefes en combate singular. Ninguén, nen sequer a asombrosamente a forte muller guerreira Maximu, con quen comete adulterio, pode igualárselle. Tendo vencidos a todos os seus inimigos, Digenis constrúe un palacio no Éufrates, lugar ao que se retira para vivir en paz.

Digenis continuou a ser lido durante séculos, como mostra o grande número de versións e a aparición do ciclo de cancións acríticas, algunhas das cais ainda existen. Existe unha lenda en Chipre segundo a cal pasou pola cordilleira de Pentadaktylos (Cinco Dedos) cando a illa estaba ocupada polos árabes para saltar até a Asia Menor, de onde lle ven o nome aos montes. Noutra tradición posterior, a Digenis só o vence a Morte personificada como Tanatos (quen xa loitara con Hércules).

[editar] Forma

Digenis Akritas escrebeuse en grego medieval demótico e está composto en verso branco de quince sílabas. O poema sigue a tradición bizantina cun hemistiquio en cada verso. Sigue unha cadencia no seu fluir, sen cacofonía e con escasas repeticións sonoras.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com