Centro Democrático y Social
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Centro Democrático y Social (CDS) foi un partido español de centro promovido por Adolfo Suárez trala súa marcha da UCD en xuño de 1982 para concurrir ás eleccións de 1982, conseguindo 2 escanos. En 1991 Adolfo Suárez deixou a presidencia do partido e acabou converténdose nun partido residual que entre 1995 e 2002 mudou a súa denominación pola de Unión Centrista
En novembro de 2005 o CDS decidiu integrarse no Partido Popular, un sector descontento con esta decisión constituiu o Centro Democrático Liberal o 14 de febreiro de 2006.