Bermuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arquipélago fronte a costa este dos Estados Unidos (concretamente a 917 quilómetros de Carolina do Norte), ten status de Colonia da Coroa Británica (ver Reino Unido).
Poboación: 64.400
Área: 58 km²
A capital chámase Hamilton. Na colonia circula a libra de Bermuda en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico. Descubertas polo español Juan de Bermudez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.
Países do mundo | América do norte |
Canadá - Estados Unidos de América - México |
Países con parte do seu territorio en América do norte Dinamarca (Grenlandia) | Francia (San Pedro e Miquelón) | Reino Unido (Bermuda) |