Bakersfield, California
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bakersfield é a capital do condado de Kern, California, nos Estados Unidos. É unha das cidades con maior crecemento dos Estados Unidos, no censo de 2000 tiña 247.057 habitantes, pero en 2005 a poboación chega xa a 307.471. A economía da cidade baséase na extración e refinado do petróleo.
[editar] Linguas
72'9% inglés, 22'1% castelán, 0'7% tagalo, 0'5% chinés.
[editar] Historia
Os indios yokut levaban asentados no val de San Joaquín dende había 8000 anos, en 1776 o Padre Francisco Garcés foi o primeiro europeo en chegar á zona, en 1851 descubriuse ouro no río Kern, pero non foi ata 1858 en que se estableceu o primeiro asentamento, que se consolidou cando en 1865 se abriu o primeiro campo de petróleo, chegando aos 300 habitantes en 1869 e aos 800 en 1871