Azia de chumbo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Azia de chumbo é un composto cristalino explosivo e tóxico. Composto altamente sensible, xeralmente, almacénase baixo a auga en envases de goma condutores, xa que pode estoupar despois dunha caída de 150 milímetros ou pola presenza dunha descarga estática de 7 milijoules. A súa velocidade de detonación é de 5,18 km/s. Utilízase para confeccionar detonadores empregados para detonar explosivos de baixa sensabilidade como TNT, ANFO ou o ácido pícrico.