Atomic Kitten
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atomic Kitten é un grupo de rapazas británicas que cantan Pop e Dance. As compoñentes son Liz McClarnon, Jenny Frost e Tash Hamilton.
[editar] Historia
[editar] Formación do grupo
Elizabeth Margaret McClarnon (10 de abril de 1981 - Liverpool), Jennifer Frost de (22 de febreiro 1978 - Liverpool) e Natasha Maria Hamilton (17 de xullo 1982 - Liverpool) son as compoñentes deste grupo de pop británico.
Ésta é a segunda formación coñecida do grupo, xa que no ano 2000, Kerry Katona abandonou o grupo por quedarse embarazada, e foi substituída por Jenny Frost.
Despois de case unha década de éxitos, o grupo decidiu tomarse un descanso no ano 2004 para dedicarse ós seus proxectos en solitario, e no caso de Tash, á súa familia.
[editar] Discografía
- Right Now
- Feels So Good
- Ladies Night
- The Greatest Hits
- The Collection