Atenea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atenea é a filla de Zeus e de Metis. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo. Represéntase con casco, lanza e escudo, sobre o que soía figurar a cabeza da Gorgona. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os ciumes da sua esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.