Arco Ártabro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Arco Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, Betanzos-Ares e do Burgo. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e adéntrase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero en Santa Cristina.
Correspóndese co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Estrabón fala no libro III da súa Xeografía de que "os ártabros teñen moitas cidades situadas nun golfo que os navegantes chaman porto dos ártabros". Porén, hai quen interpreta que "porto" só pode designar unha poboación e que este texto debe referirse a unha cidade na que, posibelmente, os romanos pretenderon construir un porto moi grande, e que este plano se desbaratou debido ás Guerras Púnicas.