Amaral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amaral é un conxunto musical zaragozano (Aragón) formado por Eva Amaral (vocalista e compositora) e Juan Aguirre (guitarra).
Eva Amaral comezou como batería nun pequeno grupo, e uniuse a Juan para interpretar as suas propias letras en 1997. O estilo musical poderíase denominar pop/rock, pero fusionado con ritmos latinos, fado, sintetizadores, e con letras de alto contido poético. Juan Aguirre naceu en San Sebastián. Viviu os seus primeiros anos no barrio de Gros, tralos cales marchou a Zaragoza.
O seu "Paxaros na testa"(Pajaros en al cabeza) foi o disco mais vendido en España no 2005, segundo a SGAE [1].