Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Aleixo IV Anxo - Wikipedia

Aleixo IV Anxo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aleixo IV Anxo (en griego: Αλέξιος Δ' Άγγελος) (c. 11821204), emperador bizantino desde xullo de 1203 a xaneiro de 1204). Era fillo do emperador Isaac II Anxo e sobriño de Aleixo III Anxo.

Aleixo IV Anxo
Agrandado
Aleixo IV Anxo

En 1195, cando Aleixo III destronou a Isaac II, o xove Aleixo foi enviado a prisión. En 1201, dous mercadores pisanos conseguiron rescatalo, sacalo de Constantinopla e levalo a Alemaña, onde se refuxiou na corte do seu cuñado Filipe de Suabia, casado coa súa irmá Irene. Estando na devandita corte, coñeceu a Bonifacio de Montferrato, primo de Filipe, que fora escollido para liderar a Cuarta Cruzada, pero que abandonara o asedio de Zara para visitar a Filipe. Bonifacio e Aleixo falaron de desviar a Cruzada cara a Constantinopla, de forma que Aleixo e o seu pai puidesen recuperar o trono. A cambio, Aleixo proporcionaría soldados bizantinos para que loitasen na Cruzada, ademais de diñeiro para pagar a débeda dos cruzados cos venecianos. Así mesmo, prometía devolver a Igrexa ortodoxa grega á obediencia do Papa. Os venecianos mostráronse partidarios do plan cando se lles comunicou, e, en 1202, a flota chegou a Constantinopla. Aleixo fixo unha demostración de forza fóra das murallas, pero os cidadáns non mostraron interese algún nel, pois aínda que Aleixo III fose un usurpador desde o punto de vista dos occidentais, resultaba un emperador aceptábel a ollos dos bizantinos.

En 1203, os cruzados asaltaron a cidade e Aleixo III fuxiu precipitadamente. Á mañá seguinte ao ataque, os cruzados sorprendéronse ao ver que os cidadáns de Constantinopla liberaran a Isaac e volvérano coroar como o seu emperador, a pesar do feito de estar cegado para que non puidese volver selo. Os cruzados non podían aceptar a situación, e obrigaron a Isaac a proclamar a Aleixo IV como coemperador. Malia as grandes promesas de Aleixo, Isaac, o máis experimentado e práctico dos dous, sabía que a tesourería imperial xamais sería suficiente para pagar a débeda dos cruzados. Aleixo parecía non ser consciente de ata que punto se desvalorizaran as finanzas imperiais no último medio século. Aínda así, conseguiu reunir a metade da suma prometida, tomando diñeiros da igrexa e confiscando propiedades dos seus inimigos. A continuación intentou derrotar ao seu tío Aleixo III, que se fixo co dominio de Tracia. O saqueo dalgunhas cidades tracias axudou en certa medida, pero mentres tanto, a hostilidade entre os cruzados instalados na capital e os habitantes da cidade crecía constantemente.

En decembro de 1203 finalmente explotou a violencia entre os constantinopolitanos e os cruzados. Masas enfurecidas de cidadáns asasinaron brutalmente a calquera estranxeiro que puideron capturar. Os cruzados, pola súa banda, consideraban que Aleixo non cumprira as súas promesas. Aleixo rexeitou tales acusacións dicindo: Non farei máis do que xa fixen. Mentres que as relacións cos cruzados empeoraban, Aleixo fíxose moi pouco popular entre a poboación grega e tampouco tiña xa o apoio do seu pai. Isaac II, cego e impotente, queixábase de ter que compartir o trono co seu fillo; e dedicouse a difundir rumores sobre a suposta perversidade sexual de Aleixo, dicindo que vivía en compañía de homes depravados. O cronista Nicetas Choniates cualifica a Aleixo de infantil e critica a familiaridade que tiña cos cruzados e o seu luxoso estilo de vida.

Na noite do 27 ao 28 de xaneiro de 1204, Aleixo IV foi destronado polo dirixente do partido antioccidental, Aleixo Murzufluo. Isaac II morreu pouco despois, de morte natural ou quizá envelenado, e Aleixo IV foi estrangulado o 8 de febreiro. Murzufluo foi proclamado emperador co nome de Aleixo V.


Imperio Bizantino

Segue a:
Aleixo III Anxo
Aleixo IV Anxo
(1203-1204)

Precede a:
Aleixo V Ducas
Dinastía Anxo
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com