Alasdair Fraser
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alasdair Fraser (Clackmannan, Escocia) é un violinista tradicional escocés. É o líder de The Skyedance Bance, que crearon a música para a película Braveheart
Alasdair Fraser naceu nunha familia de músicos comezou a tocar o violino aos oito anos. En 1973 gañou o concurso de violino do National Mod. Licenciouse en Física pola Universidade de Edimburgo e traballou para a British Petroleum Corporation. En 1981 foise aos Estados Unidos e catro anos máis tarde decide dedicarse á música. En 1983 fundou en California unha escola para aprender violino chamada Val da Lúa e na Illa de Skye mantén un seminario desde 1987, o "Sabhal Mor Ostaig Gaelic College". Gañou en dúas ocasións o Scottish National Fiddle Championship e dirixe a Orquestra de violinistas escoceses de San Francisco. É o propietario de Culburnie Records, compañía que produce os seus discos.
Alasdair Fraser é recoñecido internacionalmente como principal intéprete e profesor de violino tradicional escocés. Ten traballado con The Waterboys e The Chieftains e colaborado en máis de 50 discos como artista convidado, incluindo composicións e interpretacións súas en recoilatorios de música celta e New Age. A súa música aparece nas bandas sonoras de películas como Titanic, O derradeiro mohicano e Wyatt Earp.
Nos últimos anos está a tentar reconstruir e revivificar a tradición escocesa do violino acompañado do cello.
[editar] Discografía
- Dawn Dance
- The Driven Bow
- Fire and Grace (álbume a dúo de violino e cello)
- Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 1
- Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 2
- Portrait of a Scottish Fiddler
- Return to Kintail
- The Road North