Acidimetría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A acidimetría é a técnica utilizada en química para determina-la acidez dunha solución. É, pois, sempre un método cuantitativo de análise, en que se determina o valor desexado ó engadir gradualmente unha solución da que coñecemos a concentración sobre a solución analizada ata que se complete a reacción que se prevé.