Urbanismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo urbanismo procede da palabra latina urbs (cidade), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, Roma. O urbanismo é unha profesión relativamente nova, que contén unha ampla cantidade de conceptos e unha área de práctica e estudo moi complexa. É, polo tanto, unha ciencia que ten a misión de proporcionar as bases fundamentais para solventar os problemas das cidades, tanto na súa configuración física, como na súa dinámica das actividades económicas e sociais.
O Urbanismo naceu na era industrial grazas á transformación e construción da cidade naquel tempo, pero a súa madurez teórica alcanzouna no século XX. O urbanismo desenvolveuse na práctica, como na teoría, despois da Segunda Guerra Mundial, na cal se produciu un cambio político, económico e social en tódolos países do mundo. Creáronse novas cidades e comezáronse a modificar as cidades que xa existían.