Separmurat Niyazov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Saparmurat Atayevich Niyazov (Saparmyrat Ataýewiç Nyýazow en turcomeno) (nado o 19 de febreiro de 1940). Presidente de Turcomenistán dende 1991.
O seu pai morreu loitando cos alemáns na Segunda Guerra Mundial e o resto da súa familia desapareceu logo dun terremoto que arrasou a cidade de Achkhabad en 1948. Criado un orfanato soviético, entrou no Partido Comunista dende moi novo.