Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mastaba - Wikipedia

Mastaba

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha mastaba era un edificio rectangular de muros inclinados que marcaba a tumba de altos dignatarios do Imperio Antigo da civilización exipcia.

A palabra mastaba provén do árabe مَصْطَبَة (maṣṭabaʰ ou maṣṭabat), denominación dun "banco de pedra" ou "parladoiro". A denominación, escoitada aos operarios exipcios, foi adoptada polo exiptólogo Auguste Mariette. A palabra árabe pode ser un empréstimo do arameo miṣṭubbā, á súa vez un empŕestimo do grego antigo στιϐάς stibás, "leito de herba" ou στύπος stúpos, "tronco".

Índice

[editar] Orixe

As tumbas anteriores, recobertas cun túmulo de area, non conservaban os corpos durante moitos tempo. Desde as primeiras dinastías, os faraóns e os nobres recobríronnas con túmulos de adobe. O edificio resultante medía entre 3 e 50 metros de longo e até seis de alto e orientábase aproximadamente en sentido norte-sul.

Nas menos importantes utilizábanse o tixolo e a pedra e nas máis a caliza silícea, recoberta de cal. Nas construcións máis primitivas os tixolos elaborábanse con arxila, area e pedras e eran amarelos; no Imperio Antigo a arxila substituíuse por limo do río Nilo, polo que eran de cor negra. A caliza normal era tamén amarela e extraíase das primeiras camadas do subsolo, encanto que a caliza silícea proviña de maior profundidade.

As mastabas continuaron a erguerse cando os faraóns se decantaron polo enterramento en pirámides.

[editar] Estrutura

As mastabas consisten dun pozo que desemboca nunha cámara funeraria e nas estruturas da superficie.

[editar] A capela

Na capela celébranse os ritos funerarios. Conta con outras salas adosadas. A entrada mira para o leste e é a evolución dunha porta falsa en forma de nicho. Este nicho foise convertendo nunha sala independente en forma de L ou T invertidos ou nun conxunto de salas. As paredes decorábanse con escenas de sacrificio ou da vida cotidiana do difunto.

O serdab é unha cámara aberta no muro da mastaba na que se colocaba unha estatua de pedra ou madeira do finado. Non tiña máis aberturas que un furado que daba á capela.

[editar] O pozo

O pozo abríase no teito da mastaba e furábase verticalmente na rocha cun ancho de entre 2,5 e 3 metros até unha profundidade de entre 18 e 20 metros. No fondo construíase un corredor horizontal que conducía á cámara funeraria. Outro tipo non era vertical senón que tiña certa inclinación e nacía baixo o enlousado do patio oriental da mastaba ou baixo o patio.

Unha vez enterrado o finado, tapiábase o corredor horizontal e cegábase o pozo con escombros.

[editar] A cámara funeraria

A cámara funeraria excavábase na rocha e era ampla. O sarcófago, que se colocaba nun recuncho, era rectangular e estaba traballado nun bloco de pedra caliza, granito rosado ou mesmo basalto; ás veces excavábase na rocha. Nesta época non sempre se momificaban os cadáveres e, de facérenno, non se retiraban os órganos internos: submerxíanse simplemente en natrón,

[editar] Da mastaba á pirámide

As mastabas foron medrando en tamaño e altura e nalgúns casos creouse un segundo andar. A comezos da III dinastía (arredor do 2650 a.C.) introduciuse a pedra tallada na arquitectura e as tumbas dos faraóns aumentaron notoriamente de tamaño. Atribúeselle a Imhotep, arquitecto, médico e visir de Zoser, a idea de apilar varias mastabas unha por riba de outra na que sería a pirámide escalonada de Zoser, en Saqqara. Un século máis tarde, na pirámide de Maidum, do faraón Snofru, as fiadas de pedras enchéronse de pedra pulida, no que se designa como "pirámide romboidal", xa que a inclinación da pendente variaba. A comezos da IV dinastía apareceron as pirámides propiamente ditas.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com