Wikipedia:Embaixada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O proxecto da Wikipedia (na que está encadrada a Galipedia) é unha empresa multilingüe, con versións en ben máis de cen linguas (ver portada) en diferentes estados de desenvolvemento, dende as que teñen só unhas deceas de termos ata a primeira tanto por tempo como por actividade, a inglesa, que está na actualidade no medio millón de entradas.
A Embaixada da Wikipedia foi situada na nas páxinas da meta-enciclopedia, praza central para recursos e axudas interlinguas, establecemento de políticas e decisións sobre os programas usados, así como en xeral decisións que afectan a todos os usuarios ou persoas relacionadas co proxecto e tamén ás ligazóns entre linguas. Note o lector que o mero contacto con este proxecto o fai en certo xeito un embaixador que formará a súa opinion e contribuirá a formar a de outra xente.
Ver Wikipedia:Embaixada local para ter detalles sobre como se está a levar o tema na Galipedia.
Ver m:How to start a new wikipedia para información de como comezar unha wikipedia noutra lingua.
[editar] Lista de correos
A Wikipedia-L (lista de correo da Wikipedia está aberta a wikipedistas de tódolas linguas e lugares. O idioma usado de xeito primario é o inglés, pero tódalas linguas son benvidas ó proxecto -- alguén pode traducilas en caso necesario. (As mensaxes bilingües son moi benvidas)
[editar] Embaixadores
Un ou unha embaixador da Wikipedia debe botar un ollo nas páxinas citadas, así como na Wikipedia-L e Wikitech-L para estar ó tanto de novidades de interese para a comunidade que representa. asemade, debe prestar atención ás novas na súa propia comunidade e estendelas para que resulten en beneficio de todos.
Unha lista de tódalas embaixadas e embaixadores pode atoparse en m:Wikipedia Embassy.
[editar] Novas relacionadas
As novas relacionadas son discutidas na Meta. As vellas foron xa arquivadas aquí.