Distribución
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha distribución Linux, ou distribución GNU/Linux (abreviada con frecuencia distro) é un conxunto de aplicacións reunidas por un grupo, empresa ou persoa para permitir instalar fácilmente un sistema GNU/Linux. As distribucións GNU/Linux son sistemas operativos completos, cun kernel Linux e un conxunto de aplicacións engadidas. Diferencianse entre elas polas ferramentas de instalación e configuración, os sistemas de paquetes, e as aplicacións que inclúen.
Existen numerosas distribucións Linux. Cada unha delas incluirá, ademáis do kernel, un conxunto de software adicional, (libre ou non), como os programas de instalación do sistema e unha enorme variedade de aplicacions, entre elas, entornos gráficos, suites ofimáticas, servidores web, servidores de correo, servidores FTP, etcétera.
A base de cada distribución inclúe o núcleo Linux, coas bibliotecas e ferramentas do proxecto GNU e de moitos outros proxectos/grupos de software, como BSD.
Índice |
[editar] Historia
En 1991, Linus Torvalds publicou o kernel Linux. Nese momento, soamente se podía interactuar co kernel a través dunha serie de comandos básicos. Era o propio usuario o que poñía os programas, e debía compilalos e configuralos para poder empregalos. Incluso para un hacker, non era un sistema cómodo, e surxiu a necesidade de disponibilizar unha recopilación de programas precompilados que puidese ser instalado e empregado fácilmente. E así xurdiu a MMC (Manchester Computer Centre), a primeira distribución Linux, feita pola universidade de Manchester.
As distribucións de Linux comezaron a ter unha certa popularidade a mediados dos anos 90, como unha alternativa libre para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS, principalmente por parte de persoas acostumadas a usar sistemas Unix na escola e no traballo. O sistema fíxose popular máis adiante tamén no escritorio, pero sobre todo no campo dos servidores.
Actualmente existen centos de distribucións, e a súa implantación é cada vez maior.
[editar] Distribucións
As distintas distribucións diferencianse entre sí en aspectos como o sistema de instalación e configuración, o sistema de paquetes, a estrutura dos directorios, e o software que inclúen. Outro aspecto que varía entre as distintas distribucións é a frecuencia con que se sacan novas versións, ou a estabilidade dos programas que inclúen. Mentras algunhas distribucións inclúen sempre a versión máis actual, outras prefiren agardar a que os paquetes estén máis probados para incluílos nos seus repositorios.
Algúns exemplos de distribucións actuais serían os seguintes:
Existe unha distribución galega, GNIX, desenvolvida pola asociación AGNIX A cidade A Estrada deseñou tamén unha versión propia chamada Daestradix.
[editar] Estándares interdistribucións
Linux Standard Base (Fundación de estándares Linux) é unha organización consagrada a desenrolar unha cooperación estreita entre diferentes distribucións. O Filesystem Hierarchy Standard (Estándar xerárquico de sistema de ficheiros) é unha importante ferramenta da organización para lograr unha certa normalización oficial.
Alien é un programa para poder convertir paquetes entre múltiples formatos de distribución como deb, rpm ou tgz.
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns externas
- Distrowatch.com, todo sobre distribucións (en castelán).
- LinuxISO.org, descarga de distribucións Linux (en inglés).
- Lwn.net, lista de distribucións (en inglés).