Xerga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Concepto
É a linguaxe falada de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) propia dun determinado colectivo social que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.
Na lingua galega existen varias xirias profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición.
[editar] Algunhas xergas
- Barallete: xerga dos afiadores. Nogueira de Ramuín, Ourense.
- Xerga dos cesteiros: Mondariz. Pontevedra.
- Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis.
- Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros. Terra de Montes. Pontevedra.
- Fala dos cabaqueiros (telleireiros) do Rosal, Pontevedra.