Xeografía do Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Brasil é o quinto país do mundo en extensión, ocupa 1,7% do globo terrestre e 47% da América do Sur.
Índice |
[editar] Área
Total: 8.511.965 km2 Terra seca: 8.456.510 km2
(inclúe o arquipélago de Fernando de Noronha e tamén as illas Trindade, Martín Vaz, Grande, Ilhabela e outras.
[editar] Fronteira Terrestre
Total: 14.691 km de fronteiras
País | Extensión |
---|---|
Arxentina | 1.223 km |
Bolivia | 3.400 km |
Colombia | 1.643 km |
Güiana Francesa | 673 km |
Güiana | 1.119 km |
Paraguai | 1.290 km |
Perú | 1.560 km |
Surinam | 597 km |
Uruguai | 985 km |
Venezuela | 2.200 km |
A liña costeira do Brasil ten unha extensión de 7.491 km, constituída principalmente de praias de mar aberto.
[editar] Clima
O clima do Brasil é, en gran parte, tropical, pero o sur do país presenta clima subtropical.
A rexión Norte, que comprende os Estados do Acre, Amazonas, Amapá, Pará, Rondonia, Roraima, Tocantins e ten clima ecuatorial, que confere á rexión unha boa distribución anual de choivas, con temperaturas elevadas e baixa amplitude térmica anual.
A rexión Nordeste ten clima diverso, variando de ecuatorial (Maranhão e parte do Piauí) a semi-árido (a rexión da Caatinga, comprendendo boa parte do Nordeste), e tropical, no centro e sur da Bahia. Os estados da rexión son Maranhão, Piauí, Bahia, Pernambuco, Ceará, Sergipe, Alagoas, Rio Grande do Norte e Paraíba.
A rexión Centro Oeste, cos Estados de Mato Groso, Mato Groso do Sur e Goiás, e tamén o Distrito Federal, presenta clima tropical semi-húmido, co destaque para o período de choivas, que alimenta o Pantanal Mato-Grossense.
Na rexión Sudeste, que comprende os Estados de Minas Xerais, Sao Paulo, Río de Xaneiro e Espírito Santo, predomina, nas partes máis altas, un clima tropical ameno, co catro estacións ben distintas. No extremo oeste de Sao Paulo e de Minas Xerais predomina o clima tropical semi-húmido, e no litoral un clima tropical co choivas intensas no verán.
A rexión Sur do país ten clima subtropical, co baixas temperaturas nas serras gaúcha (estado de Río Grande do Sur) e catarinense (estado de Santa Catarina), sendo común a formación de xeadas durante o inverno. Hai tamén caída de neve nas serras en anos moi fríos. Composta de tres estados: Santa Catarina, Paraná e Río Grande do Sur.
[editar] Altitudes e Pontos Extremos
As altitudes do territorio brasileiro son, en xeral, modestas. O territorio non presenta grandes cadeas de montañas, cordilleiras ou similares.
O punto mais elevado no Brasil é o Pico da Neblina, co 2.997 m de altura. O punto máis baixo é o Océano Atlántico, con altitude de 0 m.
Ó norte, o límite é a nacente do río Ailã, no Monte Caburaí, Roraima, fronteira coa Güiana.
Ó sur, o límite extremo é unha curva do arroio Chuí, no Río Grande do Sur, na fronteira co Uruguai.
Ó este, o punto extremo é a Ponta do Seixas, no estado da Paraíba.
O punto extremo do oeste é a nacente do río Moa, na Serra de Contamana o Serra do Divisor, no Acre, fronteira co Perú.
[editar] Recursos Naturais
[editar] Uso da Terra
[editar] División Político-Administrativa
As 27 unidades da federazón son agrupadas, para fins estatísticos e, en alguns casos, de orientación da actuación federal, en cinco grandes rexións: Centro-Oeste, Nordeste, Norte, Sudeste e Sur. Cada Estado, ben como o Distrito Federal, ten os seus proprios órgaos executivos (na figura do Gobernador), lexislativos (Asemblea Lexislativa unicameral) e xudiciarios (tribunais estaduais).
Apenas aos Estados cabe subdividirse en Municipios, que varían en número, entre 15 (Roraima) e 853 (Minas Xerais). As menores unidades autonomas da Federazón dispoñen só do poder Executivo, exercido polo Prefeito, e Lexislativo, na Cámara Municipal. Esta última é unha entidade cunha historia secular na Península Ibérica e áreas por ela colonizadas.
- Rexión Centro-Oeste
- Distrito Federal (DF)
- Goiás (GO)
- Mato Grosso (MT)
- Mato Grosso do Sul (MS)
- Rexión Nordeste
- Alagoas (AL)
- Bahia (BA)
- Ceará (CE)
- Maranhão (MA)
- Paraíba (PB)
- Pernambuco (PE)
- Piauí (PI)
- Rio Grande do Norte (RN)
- Sergipe (SE)
- Rexión Sudeste
- Espírito Santo (ES)
- Minas Gerais (MG)
- Rio de Janeiro (RJ)
- São Paulo (SP)
- Rexión Sul
- Paraná (PR)
- Rio Grande do Sul (RS)
- Santa Catarina (SC)