Wehrmacht
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wehrmacht é o nome que recibiron as forzas armadas alemanas, surxidas en 1935, tras a disolución da Reichswehr, por parte do réxime Nazi. Durante a Segunda Guerra Mundial, a Wehrmacht consistía no exército (Heer), a mariña (Kriegsmarine), a forza aérea (Luftwaffe) e a Waffen-SS, engadíndose ocasionalmente unidades da Sturmabteilung (SA).
[editar] Historia
O Reichswehr era o exército da República de Weimar e herdeiro do derrotado exército imperial alemán. Ernst Röhm, xefe das Sturmabteilung (SA) pretendeu anexar este exército ás súas filas, o que se opoñía aos intereses de Adolf Hitler, pois existía o perigo de desestabilizar o réxime. Despois da noite dos coitelos longos, e o asasinato de Röhm, Hitler logrou a sumisión total do Reichswehr e integrou unha gran parte da milicia das Sicherheitsdienst (SD) ao Reichswehr, organizando a Wehrmacht tras a disolución do anterior exército, o resto máis seleccionado foi a constituir as SD e Schutzstaffel (SS). Entre os organizadores do novo exército atopábanse Heinz Guderian, Walter von Reichenau e Alfred Jodl.
Renováronse as tácticas de trincheiras, xa obsoletas, e reemprazouse pola innovadora táctica Blitzkrieg ou guerra lóstrego. Integrouse a artillería mecanizada á infantería. Incluíuse nas súas filas novos oficiais con máis amplo grao de iniciativa. O armamento tivo un cambio radical, co emprego de ametralladoras máis lixeiras e doadas de transportar, a organización de escuadróns móbiles de asalto, escuadróns de loxística, así como unha cadea de mando, a cal aínda sendo monolítica, permitía a autonomía de acción a escuadróns sen oficiais ao mando se estos chegaban a faltar ou caer. Moitos exércitos do mundo copiaron a base desta organización.
A táctica de ataque por envolvemento ou pinzas foi unha verdadeira innovación. Envolvíase un sector da fronte previamente debilitado pola artillería, capturando bolsóns ao envolver o seus flancos para despois neutralizalos.
Cara 1939 o exército alemán de liña contabilizou ao redor de 6 millóns de soldados e durante toda a Segunda Guerra Mundial pelexaron por Alemaña máis de 12 millóns de soldados de diversas nacionalidades.
[editar] Segunda Guerra Mundial
Durante a Segunda Guerra Mundial a Wehrmacht logrou victorias épicas e resoantes no teatro de operacións, derrotando aos exércitos europeos con relativa facilidade, incluíndo a ingleses e franceses.
A táctica de pinzas foi usada en Francia e a Unión Soviética. A moral combativa da Wehrmacht, unha oficialidade moi competente, as súas tácticas e o logro efectivo e rápido de obxectivos, sumado ao rearme con tanques tipo MK, moi rápidos, fixeron do exército un dos máis efectivos e poderosos para esa época. Para 1939 a Wehrmacht contaba con máis de nove millóns de efectivos, dos cales máis de seis millóns eran soldados profesionais cunha experiencia no exército de máis de 10 anos.
Na invasión da Unión Soviética, que comezou o 22 de xuño de 1941, a Wehrmacht logrou contundentes éxitos iniciais e a aniquilación de gran parte das dotacións de fronteira do Exército Roxo e profundos avances dentro do territorio da URSS. Sen embargo, os soviéticos lograron resistir a embestida e mobilizando todas as súas reservas humanas e materiais, apoiados polos seus crus invernos, frearon o avance dos alemáns, os cales non puideron facerse con Moscú, en novembro-decembro de 1941 nin Stalingrado, en decembro de 1942-febreiro de 1943.
A pesares diso, a maquinaria alemana aínda era forte, ata o punto de manter efectivamente ocupada a Europa e combatir en África. No verán de 1943, sen embargo, a Wehrmacht sufríu a súa peor derrota en terras rusas, cando na batalla de Kursk, a contraofensiva soviética destruíu as mellores unidades blindadas da Wehrmacht e causoulle fortísimas baixas.
A partires de entóns a Wehrmacht non recuperaría xa a iniciativa, empezando un retroceso ininterrumpido cara o seu punto de partida. Sen embargo para abril de 1945, aínda podía contar con máis de 7 millóns de efectivos.
A Wehrmacht foi derrotada polos rusos na Batalla de Berlín, mentres os Aliados batíana no oeste de Europa. Os seus soldados foron desmobilizados despois do conflicto en 1945.