WAN
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acrónimo inglés derivado de "Wide Area Network". É un tipo de rede que cubre unha área extensa. O exemplo máis coñecido de WAN é a propia Internet.
As redes de área extensa soen estar formadas por varias redes de área local xuntas, co que os usuarios e computadoras nun lugar poden comunicarse con usuarios e computadoras noutro lugar.
Moitas redes de área extensa pertencen a organizacións particulares e son privadas, outras, feitas por ISPs, proporcionan acceso desde unha LAN dunha organización a Internet.
As WANs utilizan comunmente como protocolo de comunicación TCP/IP, X.25, ATM ou Frame Relay.
Agora que Internet é unha WAN moi rápida, a necesidade de liñas dedicadas por parte das organizacións reduciuse, e son moi utilizadas as redes privadas virtuais, que utilizando encriptación e outras técnicas dan a sensación de ser redes dedicadas, mentres que están a ser aprovaitadas as infroestructuras da WAN.