Voz, Identificación biométrica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Proceso
Entre os sistemas biométricos de recoñecemento por voz, podemos distinguir dúas familias:
- Os sistemas de texto dependente. O usuario sempre pronunciará para identificarse unha mesma frase.
- Os sistemas de texto independente. O sistema vai propoñendo ao usuario a pronunciación dun conxunto de palabras extraidas dunha base de datos bastante grande. O habitual é que as frases ou palabras propostas sexan características para maximizar a cantidade de datos que se poden analizar (por exemplo, frases cunha certa entonación, pronunciación dos diptongos, palabras con moitas vocais, ...).
[editar] Fiabilidade
O estado anímico pode variar o timbre de voz, ó igual que o estado de saude. Unha simple conxestión pode facer variar o tono de voz o suficiente como para que o sistema non sexa capaz de recoñecer ó usuario. Estos problemas conlevan unha alta taxa de falsos negativos.
A identificación a través do recoñecemento da voz é un dos métodos de identificación biométrica menos precisos.
Segundo un estudo[1] publicado no 2002 por Biometric Technology, a taxa de erro cruzado[2], é igual a 1/50. Esta é unha posibilidade de erro moi alta, si a comparamos coa probabilidade de 1/131.000 do escaneo de iris, ou menor de 1/10.000.000 do escaneo de retina.
[editar] Facilidade de uso e aceptación
Xeralmente os sistemas de recoñemento de voz teñen unha boa acollida entre os usuarios, pola súa facilidade de uso, e a súa comodidade.
[editar] Prevención de ataques
O principal problema do recoñecemento de voz é a inmunidade frente a posíbeis ataques. Unha persoa pode empregar unha grabación coas palabras que tería que pronunciar o usuario lexítimo, e así conseguir enganar ao sistema. Este problema minimízase nos sistemas de texto independente, pois o atacante non poderá coñecer a priori as palabras que necesitará para acceder ao sistema.
[editar] Permanencia
[editar] Tempo de espera
Outro dos problemas dos sistemas baseados no recoñemento da voz é o tempo que perde o usuario para autenticarse no sistema. Ainda que actualmente na maioría dos sistemas é suficiente con pronunciar unha soa frase, é habitual que o usuario se vexa obrigado a repetila porque o sistema lle denega o acceso.
[editar] Custo
[editar] Universalidade
[editar] Historia
Foi na década de 1960 cando Texas Instruments desenrolou as bases do recoñecemento por voz.
[editar] Exemplos de uso
- Empresas como a General Motors, na que se empregan sistemas de recoñecemento por voz para restrinxir o acceso ás salas de ordenadores.
- Hospitais como o de Chicago, para controlar a entrada á zona de recén nacidos.
- En fronteiras como a que separa Mexico dos Estados Unidos, empregase para autorizar o paso dos viaxeiros frecuentes.
- Aplicacións baseadas no teléfono usan a voz para recoñecer ao usuario.
[editar] Referencias
[editar] Notas
- ↑ Estudo do Bio Tech Inc
- ↑ A taxa de erro cruzado (Cross-Over Error Rate CER) é a probabilidade de erro dun sistema cando coincide a probabilidade de falsos negativos e falsos positivos