Wikipedia:Votacións
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Excepto para edicións pequenas, por favor use a páxina de discusión para propoñer cambios nestas directrices. |
Unha votación é a maneira que ten a comunidade de chegar a unha decisión sobre un determinado asunto. Dáse preferencia ao consenso, pero cando non se acada débese establecer unha votación.
[editar] Como crear a votación
Unha votación débese crear como subpáxina de Wikipedia:Votacións, úsase un título que describa con precisión a votación. Por exemplo, Wikipedia:Votacións/Imaxes e copyright . Na parte superior da páxina débese incluír o marcador {{Wikipedia/Votación}}, no que se incluíra un resumo, a data de inicio e de fin. Por exemplo:{{Wikipedia/Votación|resumo=Título breve|data de inicio|data de fin}}. Quen propoña a votación establecerá o prazo no que se desenvolvera, que non poderá ser inferior a 10 días nin superior a 30.
[editar] Como pechar a votación
Ao remate do prazo estipulado, cambiarase o marcador {{Wikipedia/Votación pechada}} para {{Wikipedia/Votación pechada|resumo=Título breve|inicio=data de inicio|fin=data de fin|si=xxx|non=yyy|conclusión=aprobado/rexeitado/outra}} xxx e yyy débense substituír polos valores dos votos a favor e en contra, respectivamente.
O resume deberase inscribir, coa ligazón, na páxina [[Wikipedia::Resultados de votacións]].
As votacións dében constar nun rexistro propio para garantiren que os usuarios coñezan a existencia dunha votación e que o seu resultado sexa realmente unha decisión popular.
Poden participar os usuarios rexistrados con máis de 150 contribucións válidas nos artigos e que teñan unha antigüídade de 60 días a contar dende a primeira edición e antes do inicio da votación. Estas limitacións permiten que os wikipedistas que deciden os destinos da comunidade teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade