Volvo Ocean Race
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome dunha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.
As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.
A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.
[editar] Participación galega
Na edición de 2005-06 houbo unha dobre participación galega. Dunha banda o coruñés Chuny Bermúdez navegou embarcado na tripulación brasileira do Brasil 1. A súa embarcación quedou na terceira posición no final.
Por outra parte, a embarcación española do Movistar estaba patroneada por Pedro Campos e contou en tres tiradas coa participación do pontevedrés Fernando Echavarri. O Movistar sufriu unha grave avaría na tirada que cruzaba o Atlántico con destino en Portsmouth e a tripulación abandonou o barco, que desapareceu ao oeste de Irlanda.
[editar] Tiradas ano 2005/2006
N | Comezo | Final | Millas náuticas |
---|---|---|---|
1 | Vigo, o 12 de novembro de 2005 | Cidade do Cabo, Sudáfrica o 2 de decembro de 2005 | 6,400 |
2 | Cidade do Cabo, Sudáfrica o 2 de xaneiro de 2006 | Melbourne, Australia o 16 de xaneiro de 2006 | 6,100 |
3 | Melbourne, Australia o 12 de febreiro de 2006 | Wellington, Nova Celandia o 16 de febreiro de 2006 | 1,450 |
4 | Wellington, Nova Celandia o 19 de febreiro de 2006 | Río de Xaneiro, Brasil o 7 de marzo de 2006 | 6,700 |
5 | Río de Xaneiro, Brasil o 2 de abril de 2006 | Baltimore/Annapolis, Maryland, EEUU o 17 de abril de 2006 | 5,000 |
6 | Baltimore/Annapolis, Maryland, Estados Unidos o 2 de xuño, 2006 | Nova York, Estados Unidos o 8 de maio de 2006 | 400 |
7 | Nova York, USA o 11 de maio de 2006 | Portsmouth, Gran Bretaña o 19 de maio de 2006 | 3,200 |
8 | Portsmouth, Gran Bretaña o 2 de xuño de 2006 | Róterdan, Países Baixos o 7 de xuño de 2006 | 1,500 |
9 | Róterdan, Países Baixos o 15 de xuño de 2006 | Gotemburgo, Suecia o 17 de xuño de 2006 | 500 |
Carreiras dentro do porto | Data prevista |
---|---|
Sanxenxo (Galicia) | 5 de novembro de 2005 |
Cidade do Cabo (Sudáfrica) | 26 de decembro de 2005 |
Melbourne (Australia) | 4 de febreiro de 2006 |
Río de Xaneiro (Brasil) | 25 de Marzo de 2006 |
Baltimore/Annapolis (EEUU) | 29 de abril de 2006 |
Portsmouth (Gran Bretaña) | 29 de maio de 2006 |
Róterdan (Países Baixos) | 11 de xuño de 2006 |