Vogal nasal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En xeral, na emisión das vogais o aire sae exclusivamente pola boca, xa que o veo do padal está pegado á parede da farinxe impedindo que pase ás cavidades nasais, pronunciándose deste xeito vogais orais. Pero se o veo do padal está baixado, o aire sae pola canle bucal e asemade pola nasal, prodúcense entón vogais oronasais (ou nasais).
En galego calquera vocal pode realizarse máis ou menos nasalizada por contacto con consoante nasal. Así e todo, o trazo da nasalidade non é fonoloxicamente pertinente na nosa lingua, pois a substitución dunha vogal oral por outra oronasal non provoca variación ningunha no plano do significado.
Achamos vogais nasais en poucas linguas, amais do portugués, o francés, o polonés, o yorùbá, o navajo e o casubio.