Valencia - València
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valencia (catalán: València, castelán: Valencia) é a capital da provincia de Valencia e da Comunidade Autónoma de Valencia e a terceira cidade de España. Localizada na costa do mar Mediterráneo, é unha cidade industrial e portuaria. Conta con 807.396 habitantes (2006), que aumenta ata 1.600.000 coa área metropolitana, coñecida como L'Horta de València.
[editar] Historia
A cidade fundouse no ano 138 a.C. sobre un antigo asentamento ibérico, como asentamento de soldados licenciados. No 75 a.C. a cidade vai ser destruída no decurso dos enfrontamentos entre Pompeio e Sertorio e durante cincuenta anos vai permanecer deshabitada. No 711, á caída do califato de Córdoba, Valencia vaise converter en capital de taifa. En 1094 o Cid vaina conquistar para os casteláns ata que en 1102 os almorávides reconquistan a cidade. O 9 de outubro de 1238 o Xaime I de Aragón entra na cidade e pon fin a cinco séculos de dominio musulmán. No século XV, Valencia, convértese nunha das cidades máis prósperas do mediterráneo.
[editar] Ligazóns externas
Web oficial da cidade (en catalán, castelán, inglés e francés