Universidade de Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Universidade de Vigo é unha universidade pertencente ao Sistema Universitario de Galicia que conta con tres campus: Campus de Vigo, Campus de Ourense, Campus de Pontevedra.
Índice |
[editar] Historia
A Universidade de Vigo, creada ao mesmo tempo que a Universidade da Coruña pola s:Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia (Lei 11/1989, do 20 de xullo. DOG do 16 de agosto de 1989 ), resultou por esta segregada da, naqueles intres, única universidade galega, a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
[editar] Centros Propios
Polo decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de Segregación de centros e servicios da Universidade de Santiago de Compostela con tódolos seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo, a universidade quedou de principio integrada polos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra coas seguintes titulacións, Ordenadas por Campus:
[editar] Campus de Vigo
- Facultade de Económicas
- E.T.S. Enxeñería Industrial
- E.T.S. Enxeñería de Telecomunicacións
- Colexio Universitario
- E.U. Empresariais
- E.U. Enxeñería Técnica Industrial
[editar] Campus de Ourense
- Colexio Universitario
- E.U. Formación do Profesorado de E.X.B.
- E. U. Empresariais
[editar] Campus de Pontevedra
- E. U. Formación do Profesorado de E. X. B.
[editar] Centros Adscritos
Recibiu, doutra banda, os centros adscritos que figuran a continuación:
[editar] Campus de Vigo
- E. U. Formación do Profesorado de E .X. B.
- E.U. Enfermería
[editar] Campus de Pontevedra
- E.U. Enfermería
Pouco a pouco foi aumentando a cantidade de titulacións coma de profesorado e alumnado, contando no seu décimo aniversario (2001) con:
- 20 centros superiores
- 46 titulacións
- 5 centros adscritos
- 1500 profesores
- 29000 alumnos
Á parte pasou dun investimento en Investigación de 0,51 millóns de Euros no 1991 a 5,23 millóns € no 2001.
[editar] Infraestruturas
No apartado de infraestruturas atopamos unha crecente preocupación polas infraestruturas tanto na sede da universidade en Vigo, coma no campus de Ourense, centrándose especialmente estas no primeiro.
Neste sentido, destaca a construción da Cidade Universitaria, con espazos tanto de lecer, como comerciais, deportivos, etc.
Doutra banda, a situación das infraestruturas tamén se modifica en Ourense, coa construción nos ultimos anos, dun pavillón polideportivo, así como da sede da Biblioteca central do Campus, no "Campus Lonia".
[editar] Centros
[editar] Campus de Vigo
[editar] Campus Lagoas Marcosende
- Faculdade de Filoloxía e Tradución.
- Faculdade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
- Faculdade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Faculdade de Ciencias do Mar.
- Faculdade de Bioloxía.
- Faculdade de Química.
- Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
- Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais.
- Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas.
[editar] Cidade
- Escola Universitaria de Enfermería (Meixoeiro).
- Escola Universitaria de Enfermería (Povisa).
- Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial.
- Escola Universitaria de Estudos Empresariais.
- Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB.
[editar] Campus de Ourense
- Faculdade de Ciencias.
- Escola Superior de Enxeñaría Informática.
- Escola Universitaria de Enfermería.
- Faculdade de Ciencias da Educación.
- Faculdade de Ciencias Empresariais e Turismo.
- Faculdade de Dereito.
- Faculdade de Historia.
[editar] Campus de Pontevedra
- Escola Universitaria de Enfermería.
- Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal.
- Escola Universitaria de Fisioterapia.
- Faculdade de Belas Artes.
- Faculdade de Ciencias da Educación.
- Faculdade de Ciencias Sociais e da Comunicación.