Tradución
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A tradución (< latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, chamado texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, chamado texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución.
Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos, aínda que hai numerosos intentos de automatiza-la tarefa de traducir textos naturais (tradución automática) ou de utilizar ordenadores para axudar a esta tarefa (tradución asistida por ordenador). Un exemplo de tradución asistida sería o uso dunha memoria de tradución.
O obxectivo da tradución é crear unha relación de equivalencia entre o texto orixe e o texto meta, é dicir, a seguridade de que ámbolos textos comunican a mesma mensaxe, á vez que se teñen en conta aspectos coma o xénero textual, o contexto, as regras da gramática de cada un dos idiomas, as convencións estilísticas, a fraseoloxía, etc.
É importante diferencia-la tradución da interpretación: No primeiro caso, transfírense ideas expresadas por escrito dunha lingua a outra, mentres que na interpretación as ideas exprésanse oralmente ou mediante a xesticulación (como acontece na linguaxe de signos) dunha lingua a outra.
Segundo a análise dos procesos implicados na tradución e interpretación, poderíase considerar que esta última constitúe unha subcategoría da tradución.
Índice |
[editar] O proceso traductolóxico
Na súa obra, Teoría e práctica da tradución, Valentín García Yebra recoñece dous fases no proceso traductolóxico: "a fase da comprensión do texto orixinal, e a fase da expresión da súa mensaxe, do seu contido, na lingua receptora ou terminal".
Na etapa de comprensión, decodifícase o sentido do texto orixe, nunha actividade denominada semasiolóxica (do grego, sema, sentido ou significado). Na etapa de expresión, recodifícase este sentido na lingua meta; etapa tamén chamada onomasiolóxica (do grego, onoma, nome).
Na etapa de decodificación do sentido do texto, o tradutor debe identificar en primeiro lugar os segmentos que compoñen o texto orixinal. É dicir, debe establece-las unidades mínimas con sentido. O segmento pode ser unha palabra, frase ou incluso unha ou máis oracións (por exemplo, un texto completo).
Na etapa de recodificación na lingua meta, o tradutor debe mante-lo sentido do segmento orixinal nun segmento da lingua meta, respectando o xenio da mesma. A reunión do segmento orixe co segmento meta é o que se denomina unidade de tradución.
Ámbalas dúas etapas son de índole recursiva, e non necariamente sucesivas, é dicir, o tradutor pode volver a desentrañar o sentido do texto orixe, unha vez que recodificou o sentido na lingua meta.
Tras este procedemento, sinxelo a primeira vista, agóchase unha operación cognitiva complexa. Para decodifica-lo sentido completo do texto orixe, o tradutor ten que interpretar e analizar tódalas súas características de forma consciente e metódica. Este proceso require un coñecemento profundo da gramática, semántica, sintaxe e frases feitas ou similares da lingua orixe, así como da cultura dos seus falantes.
O tradutor debe contar tamén con estes coñecementos para recodificar o sentido na lingua meta. De feito, estes adoitan ser máis importantes e, polo tanto, máis fondos cós da lingua orixe. De aí que a maioría dos tradutores traduzan á súa lingua materna.
Ademais, é esencial que os tradutores coñezan a área que se está tratando.
Os estudos realizados nos últimos anos en lingüística cognitiva permitíronnos comprender mellor o proceso cognitivo da tradución.
[editar] Historia da Tradución
As primeiras traducións foron da Biblia, xa que como os xudeus levaban moito tempo sen fala-la súa lingua (o hebreo), esta perdeuse e as Santas Escrituras debéronse traducir para que as entendesen os xudeus que non falaban a súa lingua orixinal. Ptolomeo Filadelfo no século III adC mandou traducir do hebreo ó grego as Sagradas Escrituras a 72 vos souben que dominaban o hebreo e o grego. Esta versión coñécese como versión Alejandrina ou versión dos 70. No século II D.C. a Biblia traducíuse do grego ó latín (Antigo e Novo Testamento). A esta versión chamóusele Vetus Latina.
[editar] Estratexias de Tradución
A traducibilidade é un dos primeiros problemas da tradución. É a posibilidade de traducir con éxito un enunciado nun idioma a un equivalente noutro idioma. Non sempre é posible traduci-los enunciados con estruturas equivalentes, polo que o tradutor debe recorrer a varias estratexias a fin de asegura-la tradución dun texto determinado.
[editar] Adaptación
A adaptación, coñecida tamén como tradución libre, é un procedemento de tradución no cal o tradutor substitúe unha realidade cultural ou social no texto orixinal coa correspondente realidade no texto meta. Esta nova realidade resulta máis común para a audiencia do texto meta.
A adaptación a miúdo resulta útil para a tradución de poesía, obras de teatro e publicidade.
[editar] Préstamo
O préstamo consiste en utilizar unha palabra ou expresión do texto orixinal no texto meta.
Os préstamos adóitanse escribir en cursiva, e consisten en achega-la palabra na lingua de orixe. Un exemplo de préstamo é blue jeans, do inglés.
[editar] Calco
O calco léxico é un procedemento de tradución que consiste na creación de neoloxismos seguindo a estrutura da lingua de orixe. Como, por exemplo, fútbol, orixinada da palabra football en inglés.
[editar] Modulación
Consiste en traducir unha palabra por unha frase explicativa.
[editar] Transposición
Transpasar as palabras
[editar] Equivalencia
Equivalencia indica a correspondencia en significado dunha palabra nun idioma fronte a outro idioma. Dúas palabras son equivalentes se teñen o mesmo significado.
[editar] Tradución literal
Refírese ó paso da lingua de orixe á lingua meta sen emprego de estratexias de tradución máis cá conversión dos termos tendo como resultado unha tradución correcta. O tradutor só ten que se preocupar da orde dos termos traducidos
<blocquote>"Mon Dieu pardonnez-moi cette méprisable prière, mais je ne puis écarter son nom de mes lèvres, nin oublier a peite de mon coeur"</blocquote>
<blocquote>"Deus meu, perdóame esta desprezable oración, pero non podo apartar o seu nome dos meus beizos, nin esquece-la pena do meu corazón"</blocquote>
Segundo Vinay e Dalbernet, a Tradución literal é lícita sobre todo entre linguas que comparten unha mesma cultura.