Tomate
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tomate | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Solanum lycopersicum | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O tomate ( do náuatle tomatl ) é a froita da tomateira (Lycopersicum lycopersicon; Solanaceae), aínda que impropiamente tratado como legume, amplamente cultivada e consumida polos pobos da América do Sur e central precolombianas, e hoxe coñecida en todo o mundo.
[editar] Orixe
A maioría dos botánicos atribúe a orixe do cultivo e consumo (e mesmo selección xenética) do tomate como alimento á civilización inca do antigo Perú, o que deducen por aínda persistir naquela rexión unha grande variedade de tomates salvaxes e algunhas especies domesticados (verdes) só alí coñecidas.
Estes cren que o tomate da variedade Lycopersicum cerasiforme parece ser a ancestral da maioría das especies comerciais actuais, e que foi levada do Perú e introducida polos pobos antigos na América Central, posto que esta variedade foi amplamente cultivada no México.
Outros estudiosos pensan que o tomate é orixinario do México mesmo, non só polo nome pertencer tipicamente á maioria das linguas locais (Náuatles), mais porque as cerámicas incas non rexistraron o uso do tomate nos utensilios domésticos, como era costume.
Os primeiros replican a esta obxección, argumentando que moitas outras froitas e alimentos dos incas tampouco foron representados nas cerámicas.
[editar] Descoberta do tomate
É falsa a noción de que, polo longo uso nos mollos das masas, o tomate teña orixe na Italia ou mesmo longo uso na cociña italiana.
O tomate xa se cultivaba 700 anos a.C. en México, e no antigo Perú, antes da formación do Imperio Inca. O tomate sempre se consumiu nas civilizacións incas, maias e aztecas e pertence a un extenso rol de alimentos da América precolombiana descoñecidos do Vello Mundo, do cal fan parte o millo, varios feixóns, patacas, froitas como o aguacate, e cacao (de cuxas sementes se fai o chocolate), afora artigos de uso nativo que se difundiran, como o chicle (seiba de Sapota (ou sapoti)) e tabaco.
Os españois levaron o tomate a Europa e parece que os primeiros tomates que se cultivaron en Italia eran de cor amarela. En 1554 foron descritos polo botánico italiano Piero Andrea Mattioli como "pomo d'oro", mazá dourada, de aí o nome de "pomodoro"; na Francia do século XVIII foron coñecidos como "pomme d'amour" (ou mazá de amor); hoxe os de cor vermella están máis estendidos.
Inicialmente o tomate considerábase venenoso polos europeos e cultivado só para efectos ornamentais. Soamente no século XIX o tomate pasou a ser consumido e cultivado en escala cada vez maior, inicialmente na Italia, despois na Francia, e España.